headerheader-400header-800

Delegado Protección de datos


O regulamento xeral de protección de datos dispón que os responsables encargados do tratamento deberán designar un Delegado de Protección de Datos no suposto de que o tratamento se leve a cabo por unha autoridade ou organismo público.

As súas funcións consisten fundamentalmente na información e o asesoramento ao Concello e aos seus traballadores sobre as obrigas que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal, e a supervisión do seu cumprimento. Así mesmo, debe cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos e actuar como punto de contacto entre esta e o Concello.

Por outra parte, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Concello ou non está conforme con este, para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do Concello de Pontevedra dirixíndose por escrito á dirección de correo dto.cliente@conversia.es ou ao teléfono 902877192.

Enlaces relacionados: