headerheader-400header-800

Remisión de Facturas electrónicas

Para presentar unha factura electrónica dirixida ao Concello de Pontevedra deberase acceder ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas premendo no seguinte enlace:

FACe

Información sobre o servizo

Quen está obrigado a presentar factura electrónica?

A obriga de emitir factura electrónica afecta segundo o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público (LFE) a:

  • Sociedades anónimas
  • Sociedades de responsabilidade limitada
  • Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos términos que establece a normativa tributaria
  • Unións temporais de empresas
  • Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

A partir do 15 de xaneiro de 2015 as facturas que, debendo emitirse electronicamente fosen recibidas en papel non poderán ser tramitadas e devolveranse ao correspondente provedor para proceder a súa emisión vía electrónica.

As facturas serán remitidas a través do Punto de entrada de facturas do Estado FACe (segundo artigos 6 e 11 de Disposición adicional quinta da LFE). A URL do punto de acceso de facturas é https://face.gob.es/#/es. Pódese acceder premendo no enlace desta páxina.

Consulta do estado de tramitación da factura

De conformidade co artigo 6.3 la LFE dende o punto xeral de entrada de facturas FACe permítese así mesmo consultar, por parte do provedor o estado de tramitación da factura.

Como emitir unha factura electrónica?

Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo facilita un programa informático gratuíto de emisión de factura en formato facturae, que cumpre tódolos requisitos establecidos e que se pode descargar na mesma páxina web de FACe https://face.gob.es/#/es

Para unha correcta remisión deben terse en conta os seguintes datos e requisitos:

Datos de identificación da entidade (Concello de Pontevedra) para a remisión de facturas electrónicas

En toda factura deben aparecer, no apartado Receptor, codificados os campos OFICINA CONTABLE, ORGANO XESTOR e UNIDADE DE TRAMITACIÓN. Esto datos poden consultarse na publicación Órganos Administrativos desta Sede electrónica ou no Directorio de unidades FACe dispoñibles nos seguintes enlaces:

Datos de identificación do expediente (referencia)

En cada factura deberá aparecer a identificación do expediente de contratación polo menos na primeira liña do campo "Filereference/ Apartado Referencia Expediente" no programa de axuda, ao despregar as liñas de facturación (menu engadir do apartado "Detalle de Factura")

Documentos a achegar coa factura

As facturas que deban vir acompañadas doutra documentación (certificados, certificacións de obra, TC, datos fiscais, etc), deberá incorporarse na factura electrónica como documentación adxunta en formato PDF.

Requisitos de emisión da factura electrónica destinada a Administracións Públicas

  • Estar escritas no formato especificado (Facturae 3.2 o 3.2.1)
  • Contar cunha sinatura electrónica para a súa validación
  • E indicar o destinatario da factura electrónica que deberá estar dado de alta en FACe

Os datos e formato da factura veñen establecidos na Resolución de 21 de marzo de 2014 que dispón o último formato estruturado de factura electrónica Facturae versión 3.2.1 con firma electrónica. Para máis información sobre dito formato pode consultarse a páxina www.facturae.es

En todo caso será obrigatorio o cumprimento dos campos de OFICINA CONTABLE, ORGANO XESTOR e UNIDADE DE TRAMITACIÓN segundo codificación aportada polo Concello no momento da contratación, así como a referencia facilitada do expediente de contratación no campo Filereference (polo menos na primeira liña)

Soporte a proveedores

O Ministerio de Facenda e Administracións públicas pon a disposición dos provedores un servizo de soporte dispoñible no enderezo electrónico soporteface@red.es e no seguinte enlace: https://ssweb.seap.minhap.es/ayuda/consulta/FACE /consulta/FACE