Identificación na sede
headerheader-400header-800

Como podo consultar as notificacións electrónicas

O Concello de Pontevedra utiliza a Dirección Electrónica Habilitada única (DEHú) para a entrega de notificacións de propósito xeral, incluidas as emitidas pola Oficina Virtual Tributaria. A DEHú é un servizo dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e permite a posta a disposición, acceso e comparecencia as notificacións/comunicacións emitidas por diferentes Organismos das Administracións Públicas

Alternativamente tamén permite o acceso, a través da propia Sede Electrónica, a outros tipos de notificacións electrónicas: as notificacións de recadación executiva e ao histórico de notificacións de propósito xeral (as anteriores ao 8 de febreiro do 2022).

  • Notificacións de propósito xeral (a través do portal DEHú)

    Acceda á sección Notificacións Electrónicas da Sede e prema no botón Notificacións de propósito xeral (a través do portal DEHú).

    Prema no botón Acceder e identifíquese con un dos sistemas admitidos pola plataforma do estado Cl@ve.

    Prema un dos botóns Comparecer ou Rechazar comparecencia dunha entrada da lista de notificacións para iniciar o proceso de recepción da mesma.

    Marque a casilla Doy mi consentimiento e prema Firmar para confirmar a súa vontade de comparecencia/rechazo e acceder ao seu contido.

  • Notificacións de recadación executiva (a través da Sede Electrónica)

    Acceda á sección Notificacións Electrónicas da Sede e prema no botón Notificacións de recadación executiva.

    Identifíquese mediante un dos sistemas admitidos: certificado electrónico ou usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas). O sistema Cl@ve non está dispoñible neste caso.

    Se dispón de DNI electrónico e lector de tarxetas poderá utilizalo para o paso de identificación seleccionando a opción de entrar con certificado electrónico.

    Prema no enlace Acceder correspondente a unha entrada da táboa Notificacións recibidas para acceder ao seu contido.

  • Histórico de notificacións anteriores ó 08/02/2022 (a través da Sede Electrónica)

    Acceda á sección Notificacións Electrónicas da Sede e prema no botón Histórico de notificacións (anteriores ao 08/02/2022).