headerheader-400header-800

Como podo achegar máis de 15 documentos, ou documentación de gran tamaño, a unha solicitude

A Sede Electrónica permite achegar un máximo de 15 documentos a cada solicitude, con un peso total non superior a 100 megas. Se precisa enviar un número maior de ficheiros, ou se de forma conxunta superan os 100 MB, deberá seguir os pasos descritos a continuación:

  1. Distribúa os documentos en grupos

    Distribúa os documentos en grupos de 15 ou menos de forma que cada grupo teña un peso total inferior a 100 megas.

  2. Envíe a solicitude co primeiro grupo de documentos

    Complete o proceso da solicitude co primeiro dos grupos de documentos, descargue o xustificante e apunte o código de rexistro. Este código é un número de 10 díxitos visible dende o detalle da solicitude ou dende a sección Escritos presentados da sede.

    Pode obter máis información de como realizar unha solicitude na guía Como podo presentar una solicitude electrónica.

  3. Envíe novas solicitudes con cada un dos grupos de documentos restantes

    Achegue cada grupo de documentos restante mediante unha nova solicitude 131 Achega de documentación complementaria, especificando no campo Expón do seu formulario o código de rexistro do primeiro envío.