Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

132 Solicitude de alta con usuario e contrasinal na sede (só persoas físicas)

Determinados servizos electrónicos da Sede, como a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ou o acceso as  notificaciónes electrónicas, etc...requiren a identificación previa do usuario mediante o uso de certificado electrónico ou de clave de acceso.

A emisión do usuario e contrasinal na sede electrónica require da idientificación da persoa solicitante polo que poderáse solicitar:
  • Electronicamente: identificándose a persoa interesada na sede mediante o sistema Cl@ve
  • Presencialmente: presentando o formulario de alta no registro xeral do Concello tal e como se indica a continuación

O usuario e contrasinal de acceso proporcionado polo Concello non permite o acceso ás notificacións electrónicas posteriores ao 08/02/2022

Este procedemento resérvase exclusivamente para as persoas físicas que actúan en nome propio. As persoas xurídicas só poderán acceder a parte privada da sede mediante certificado electrónico.

ELECTRONICAMENTE

Accedendo á sede electrónica e identificándose usando algún dos sistemas admitidos por Cl@ve, cumprimentando a solicitude de alta e presentándoa no rexistro electrónico (pulsando o botón “rexistro electrónico” desta páxina).

O usuario e contrasinal remitiráselle mediante notificación electrónica á cal poderá acceder, previa identificación (usando algún dos sistemas admitidos por Cl@ve), na caixa de correos de notificacións da sede electrónica.

Se á solicitude electrónica se achega unha fotocopia do NIF da persoa interesada, poderá remitirse o usuario e contrasinal asignados á dirección que conste no citado documento.

PRESENCIALMENTE

Se non se dispón de DNIe ou certificado electrónico cumprimentando a solicitude de alta e presentándoo persoalmente na oficina de presentación indicada mais abaixo onde lle entregarán a súa clave previa presentación do DNI orixinal por parte do interesado.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Neste caso deberase acudir con posterioridade, persoalmente, a oficina de tramitación indicada mais abaixo con el DNI orixinal para que lle entreguen a sua clave.

Para acudir as oficinas indicadas presencialmente debe solicitar cita previa por internet ou por teléfono como se indica aqui


Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso na propia sede electrónica en calquera momento editando o apartado “os meus datos persoais”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra Michelena, 30 andar 0 986804300 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra Michelena, 30 andar 0 986804300 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra Michelena, 30 andar 0 986804300
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra Michelena, 30 andar 0 986804300
Oficina Horario
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Cando asista á oficina de presentación para recoller a clave de acceso deberá presentar o DNI orixinal.

As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:

Para acceder aos contidos públicos:

  • Directamente sen identificarse

Para acceder a parte privada que conten información persoal podense usar calquera destas duas modalidades indistintamente:

  • Identificándose mediante o sistema Cl@ve.
  • Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).

Para acceder a caixa se correo das notificacións electrónicas:

  • Identificándose mediante o sistema Cl@ve. Para máis información sobre o acceso as notificacións electrónicas prema aquí

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico