headerheader-400header-800
Volver

204A Solicitude de subvención na convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2020 (Anual 2020)

alertaDende : 26/08/2021 - Ata : 09/09/2021

Procedemento para a solicitude de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, na convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2020 (Anual 2020) que promovan as entidades privadas sen ánimo de lucro, atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión.

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria: as asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, adaptadas as disposicións da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra, que participen en competicións deportivas oficiais (entendendo por oficiais as competicións deportivas organizadas polas entidades federativas responsables das mesmas, agás naqueles casos que as federacións ou asociacións non as organicen) e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

ELECTRONICAMENTE

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónica vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de deportes Pabellón Municipal de Deportes Ría Juan Manuel Pintos s/n 986872013 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de deportes Pabellón Municipal de Deportes Ría Juan Manuel Pintos s/n 986872013
Oficina Horario
Servizo de deportes De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
  • Formularios solicitude da subvención debidamente cubertos.
  • Certificado/s federativo/s acreditativo/s dos datos deportivos declarados na solicitude.
  • Xustificante do seguro de responsabilidade civil da entidade no período subvencionado.

Acceso a plataforma para a elaboración da solicitude no seguinte enlace:

http://deportepontevedra.cluber.es/

Para máis información sobre o procedemento para a elaboración da solicitude preme aqui:

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que ese aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ordenanza Xeral Municipal reguladora das subvencións do Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos (BOP núm. 190 do 30.09.2004).
  • Bases da convocatoria da subvención para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2020 (Anual 2020).

Dende : 26/08/2021

Ata : 09/09/2021


Volver