headerheader-400header-800
Volver

242 Solicitude de participación na convocatoria pública dun proceso de provisión temporal entre funcionarios/as do Concello de Pontevedra en réxime de comisión de servizos por razóns de urxencia do posto de traballo de oficial electricista

alertaDende : 27/09/2021 - Ata : 01/10/2021

Convocatoria pública dun proceso de provisión temporal entre funcionarios/as do Concello de Pontevedra en réxime de comisión de servizos por razóns de urxencia do posto de traballo de oficial electricista.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria pública e que cumpran os requisitos establecidos na resolución de convocatoria.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.


PRESENCIALMENTE
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de persoal De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Para poder participar na convocatoria deberase presentar a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.

  • DNI.

  • Curriculum vitae.

  • Informe favorable do superior xerárquico no que se comprometa a outorgar a súa conformidade á comisión de servizos de ser o seleccionado/a na presente convocatoria.

  • Declaración xurada ou promesa de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra

Dende : 27/09/2021

Ata : 01/10/2021


Volver