headerheader-400header-800
Volver

183 Comunicación de enderezo de correo electrónico para recibir avisos das notificacións emitidas polo Concello de Pontevedra (persoas físicas)

alertaDende : 05/06/2019 - Ata :

Mediante este procedemento as persoas físicas poden solicitar recibir os avisos das notificacións emitidas polo Concello de Pontevedra ao correo/s electrónico/s que indiquen. Así mesmo, poderán solicitar deixar de recibir os avisos no correo/s electrónico/s que sinalen.

Ademais, poderá elixir se desexa ou non ser notificado electronicamente polo Concello de Pontevedra en todos os procedementos nos que teña a condición de interesado: que as notificacións sucesivas que emita o Concello de Pontevedra se lles practiquen unicamente por medios electrónicos.

Persoas físicas

Esta solicitude só é para a súa presentación presencial no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”, ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 Outubro.

Non obstante, electronicamente poderase realizar a comunicación do correo electrónico no propio formulario electrónico de calquera tipo de solicitude que se presente ao Concello de Pontevedra a través do seu rexistro electrónico.



Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Modelo de solicitude 183

Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas


Volver