Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

408C Solicitude de subvención para actuacións de rehabilitación e renovación urbana na Área de Rehabilitación Integral (Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, Acordo da Comisión Bilateral de 01/12/2021)

alertaDende : 05/04/2022 - Ata : 04/07/2022

Mediante este impreso normalizado os/as interesados/as poderán solicitar unha subvención co fin de obter as axudas que, en materia de rehabilitación , establece o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (Acordo da Comisión Bilateral de 01/12/2021).

Ás persoas solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral das actuacións: as persoas usuarias legais, como propietarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext 7593 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220
Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext 7593
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 408C ANEXO I Solicitude de subvención, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou NIE da/o solicitante e de todas as persoas propietarias, e de ser o caso, da persoa representante.

  • No caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, pública ou privada, documentación acreditativa da súa constitución.

  • ANEXO VII, Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención, no caso de existir máis dunha persoa propietaria.

  • ANEXO VIII, Documento acreditativo da representación, de ser o caso.

  • Documento acreditativo da titularidade do edificio ou das vivendas e locais.

  • Se o solicitante é unha personalidade xurídica, acordo no que conste a conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras, o orzamento e empresa adxudicataria e a solicitude de subvención.

  • Contrato de arrendamento e acordo asinado coa persoa propietaria do inmoble onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa arrendataria asume o custo destas, no caso de ser arrendatario/a dunha vivenda

  • ANEXO II. Datos das persoas propietarias partícipes nas obras e interesadas na subvención.

  • ANEXO III. Relación de vivendas e locais do edificio, no caso de obras en elementos comúns do edificio.

  • ANEXO IV. Actuacións subvencionables.

  • Proxecto ou memoria técnica subscrito por técnico competente.

  • Orzamento das obras detallado por unidades de obras e agrupado por capítulos con medicións e prezo. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (40.000 € sen IVE), deberán achegarse tres orzamentos.

  • Licenza, comunicación previa e/ou autorización para a execución das obras ou solicitude das mesmas.

  • ANEXO V. Comunicación do inicio das actuacións, e certificado de inicio de obras si as obras contan con dirección facultativa, no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención.

  • No caso de obras de rehabilitación que contemplen actuacións de mellora da eficiencia enerxética, certificado de eficiencia enerxética (CEE), que acredite unha redución de, a lo menos, un 25%.

  • Se a obra a realizar é de edificación deberá achegarse un certificado de eficiencia enerxética (CEE) do edificio ou vivenda que acredite unha cualificación A ou B unha vez executadas as obras.

  • De non autorizar ao Concello de Pontevedra, certificación de cada persoa propietaria acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa ATRIGA.

  • No caso de ter que acreditar ingresos inferiores a 3 veces o IPREM:

    • ANEXO X, Declaración responsable de integrantes e ingresos da unidade de convivencia.

    • Copia do documento da última declaración da renda ou no caso de non realizar a declaración,certificado tributario de IRPF.

    • Volante de empadroamento da unidade de convivencia, de non ter autorizado ao Concello de Pontevedra.

  • No caso de ter que acreditar unha discapacidade ou ser persoa maior de 65 anos, achegarase segundo corresponda:

    • Certificado de discapacidade.

    • Documento acreditativo da idade (NIF, certificado de nacemento...).

    • Volante de empadroamento da unidade de convivencia, de non ter autorizado ao Concello de Pontevedra.

  • Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.
  • Resolución do 3 de xuño de 2021 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se establecen as bases reguladoras das súas axudas e se abre o prazo de participación para a anualidade 2021.
  • Bases reguladoras das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación sinalada.

Volver