headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

1408 Solicitude de cambio de titularidade por herdanza, de nichos, panteóns, columbarios ou cinseiros

Solicitude de cambio de titularidade por herdanza, de nichos, panteóns, columbarios ou cinseiros

Persoas físicas

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Educación e promoción económica (mercados e cemiterios) Praza da Verdura, 1-2º e 3º 986 860 697 - 986 848 552 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Educación e promoción económica (mercados e cemiterios) Praza da Verdura, 1-2º e 3º 986 860 697 - 986 848 552
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Educación e promoción económica (mercados e cemiterios) De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
  • Solicitude a nome da/s persoa/s herdeira/s.

  • No caso de varias persoas herdeiras, se a solicitude é tramitada por unha delas: outorgamento de representación.

  • DNI da/s persoa/s herdeira/s.

  • Libro de familia (de ser o caso).

  • Testamento/s.

  • Autoliquidación e xustificante do pagamento da taxa.



Pode descargar o modelo de solicitude editable para a súa presentación presencial premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico