Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

416R Outorgamento de representación para actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016)

alertaDende : 22/01/2022 - Ata : 31/12/2022

Mediante este impreso o/a interesado/a poderá outorgar a súa representación en calquera persoa con capacidade de obrar para que, en relación ao procedemento de tramitación da subvención ante a Administración, exerza as facultades que correspondan.

Os/as interesados/as en solicitar unha subvención.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext 7593 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220
Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext 7593
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 416R ANEXO VIII Documento de representación, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou CIF do/a interesado/a e do/a representante.
  • Documento acreditativo da representación outorgada (no caso de representación legal)
  • No caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, copia da escritura de constitución da entidade e da súa inscrición no Rexistro Mercantil.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado por RD 887/2006, do 21 de xullo.
  • Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016.
  • Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Orde do 9 de marzo de 2015 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Dende : 22/01/2022

Ata : 31/12/2022


Volver
Rexistro electrónico