headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

407 Solicitude de visita técnica previa á solicitude de subvención en área de rehabilitación integral

alertaDende : 12/03/2021 - Ata : 12/03/2026

As persoas que queiran solicitar axudas económicas para obras de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das ARIs declaradas no Concello (ARI do núcleo de Estribela / ARI do Conxunto Histórico), deberán solicitar, mediante impreso normalizado, unha visita de inspección técnica previa á solicitude de subvención. A visita técnica será efectuada polo persoal técnico da oficina municipal de rehabilitación da área para comprobar o estado da edificación e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmoble.

Ás persoas usuarias legais, como propierarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso.

ELECTRONICAMENTE


Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.



PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)


Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Cubrir, segundo as instrucións, e presentar a solicitude de visita previa, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou NIE
  • Acreditación da representación, de ser o caso
  • Documento acreditativo da titularidade do edificio ou da vivenda.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

Dende : 12/03/2021

Ata : 12/03/2026


Volver
Rexistro electrónico