headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

840 Outorgamento de representación ante o órgano de tesoraría e xestión tributaria

Outorgar a representación nun procedemento no que sexa vostede interesado implica ceder o exercicio que lle corresponde, respecto de cantas actuacións sexan precisas para a instrución do expediente, achegar datos e documentos, recibir comunicacións, formular peticións e solicitudes, interpoñer recursos ou reclamacións, alegar ou decidir non facelo, asinar dilixencias e outros documentos, etc respecto dese procedemento.

Lembre que:

a) Aínda que as xestións as realice o representante, este faino no seu nome e, polo tanto, os efectos das mesmas acaen sobre vostede como interesado.

b) A representación surte efecto respecto do procedemento que teña sinalado no formulario correspondente.

c) Mentres non comunique a este OTXT que revogou a dita representación, esta surtirá efectos sen que poida alegar nada ao respecto no caso de perda de confianza no seu representante.

Ao interesado que desexe actuar ante o Órgano de tesouraría e xestión tributaria por medio dun representante que se faga cargo de todas ou parte das xestións que lle correspondan, xa sexa a dita representación voluntaria ou legal.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.



Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Tesouraría e recadación Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Tramitación Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Tramitación Inspección tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7372 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Tesouraría e recadación Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335
Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300
Inspección tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7372
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Tesouraría e recadación De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Servizos de coordinación e xestión tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Inspección tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Modelo de solicitude debidamente cumprimentado.
  • Copia do NIF do interesado e do representante.
  • Documento que acredite a representación no caso de representación legal.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico