Identificación na sede
headerheader-400header-800

Declaracións de bens e actividades

De conformidade coa lexislación sobre réxime local, o persoal corporativo e non corporativo sinalado no art. 25 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións deste Concello (ROP) está obrigado a presentar as declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, e as declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais. Deberán facelo con ocasión da toma de posesión, variacións e do cesamento, así como presentar unha declaración de variación anual. As declaracións efectuaranse segundo os modelos aprobados polo Pleno. Todo segundo o referido ROP nos seus arts 25 e seguintes.

Tamén se incluirán nesta páxina, de existir, declaracións de compatibilidade e compensacións respecto de actividades realizadas logo do cese, de acordo co art. 30 bis do ROP.

Respecto do persoal electo a súa publicidade prodúcese no portal www.pontevedra.gal, figurando as súas declaracións no seguinte enlace: Acceso ás declaracións

Respecto do restante persoal obrigado, calquera cidadán que así o estime, poderá presentar solicitude de acceso nos termos do apartado 3 do art. 30 do Regulamento orgánico do Pleno e das súas comisións, que será resolta segundo tal precepto. Relaciónanse a tal efecto os cargos ou postos en cuestión e as persoas titulares:

CARGO/POSTO TITULAR
Secretario Xeral do Pleno José Luis Mato Rodríguez
Secretario da Administración Municipal José Carlos Castiñeira Piñeiro
Interventora Xeral Municipal Blanca Vega Lorenzo
Titular do órgano de Tesourería e Xestión Tributaria María del Mar Suárez Campo
Adxunta ó órgano de Tesourería e Xestión Tributaria Aurora Santiago Boubeta
Director da Asesoría Xurídica José Antonio García Mon
Presidente do Tribunal Económico-Administrativo Ramón Casas Vázquez
Director Xeral de Protección Cidadá Daniel Macenlle Díaz
Director Xeral de Mobilidade Jesús Gómez Viñas
Director Xeral de Recursos Humanos José Manuel González Abal
Director Xeral de Urbanismo e Servizos Xerais Xosé Manuel Tato Camino