De conformidade coa lexislación sobre réxime local, o persoal corporativo e non corporativo sinalado no art. 25 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións deste Concello (ROP) está obrigado a presentar as declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, e as declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais. Deberán facelo con ocasión da toma de posesión, variacións e do cesamento, así como presentar unha declaración de variación anual. As declaracións efectuaranse segundo os modelos aprobados polo Pleno. Todo segundo o referido ROP nos seus arts 25 e seguintes.
Tamén se incluirán nesta páxina, de existir, declaracións de compatibilidade e compensacións respecto de actividades realizadas logo do cese, de acordo co art. 30 bis do ROP.
Respecto do persoal electo a súa publicidade prodúcese no portal www.pontevedra.gal, figurando as súas declaracións no seguinte enlace: Acceso ás declaracións
Respecto do restante persoal obrigado, calquera cidadán que así o estime, poderá presentar solicitude de acceso nos termos do apartado 3 do art. 30 do Regulamento orgánico do Pleno e das súas comisións, que será resolta segundo tal precepto. Relaciónanse a tal efecto os cargos ou postos en cuestión e as persoas titulares: