headerheader-400header-800

Alta na Sede Electrónica

As modalidades de acceso á parte privada da sede electrónica do Concello son:

  • Identificándose a través de Cl@ve.
  • Identificándose con usuario e contrasinal de acceso (alta na sede)

¿Cómo obter o usuario e contrasinal de acceso á parte privada?

  • Accedendo á sede electrónica e identificándose usando o sistema cl@ve, cumprimentando a solicitude de acceso e presentándoa no rexistro electrónico. O usuario e contrasinal remitiráselle mediante notificación electrónica á cal poderá acceder, previa identificación, con certificado electrónico, no buzón de notificacións da sede electrónica
  • Sen certifidado elecrónico: Cumprimentando a solicitude de acceso e presentándoa persoalmente na oficina do rexistro xeral do Concello. O usuario e contrasinal seralle entregada persoalmente nese intre.

Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso en calquera momento editando o "perfil de usuario".