Identificación na sede
headerheader-400header-800

Obxectivo xeral acadado en relación co FEMP

O obxectivo xeral deste proxecto foi a realización dun documental de recompilación e posta en valor do patrimonio marítimo e pesqueiro (material e inmaterial) na contorna da Ría de Pontevedra. O dito documental asegura a transferencia dos coñecementos dos “vellos do mar” vinculados ao desenvolvemento da pesca costeira artesanal, (artes de pesca, tipoloxías de embarcacións tradicionais, carpintería de ribeira, oficios, festexos, etc.) con especial atención no papel tradicional da muller (mariscadoras, redeiras, peixeiras, etc.) no sector pesqueiro da Ría de Pontevedra.

Ademais do dito anteriormente, o documental e as súas imaxes emblemáticas e innovadoras promocionarán a contorna da Ría como destino turístico, desde unha nova perspectiva con temática mariñeira, e axudan tamén á concienciación ambiental da poboación para a conservación do medio mariño e costeiro.