Co obxecto de acadar unha xestión integral do sistema tributario municipal, rexido polos principios de eficiencia, suficiencia, axilidade e unidade na xestión, o Pleno do Concello de Pontevedra creou o Órgano de tesouraría e xestión tributaria, responsable de exercer como propias todas as competencias que á Administración Tributaria local lle atribúe a lexislación tributaria.
Así, aínda se ben este Órgano funcionalmente exerce as competencias en materia tributaria de xeito independente, xerárquicamente depende da Concellaría de goberno responsable da área de facenda e medio ambiente.
As funcións que corresponden ao Órgano de tesouraría e xestión tributaria, de acordo cos artigos 135 da Lei de bases de réxime local e máis o 59 do Regulamento orgánico de goberno e da administración municipal do Concello de Pontevedra, son as seguintes:
- Como responsable da xestión e inspección tributarias municipais:
a) A xestión, liquidación, inspección e revisión dos actos tributarios municipais.
b) A tramitación e resolución dos expedientes sancionadores tributarios relativos aos tributos municipais.
c) A análise e deseño da política global de ingresos públicos no relativo ao sistema tributario municipal.
d) A proposta, elaboración e interpretación das normas tributarias propias do Concello.
e) O seguemento e a ordenación da execución do orzamento de ingresos no relativo a ingresos tributarios.
- Como responsable da recadación municipal:
a) A recadación dos actos tributarios municipais.
b) A recadación en periodo executivo dos actos tributarios municipais e dos demais ingresos de dereito público.
c) O impulso, dirección e execución dos procedementos recadatorios coas competencias e facultades que, para isto, a lexislación do Estado atribúe aos órganos de recadación.
d) Ditar a providencia de constrinximento nos expedientes administrativos deste carácter e autorizar e presidir a poxa dos bens embargados.
- Como responsable da planificación e da xestión financeira:
a) A formación e actualización dos planes, programas e orzamentos de tesouraría, así como a formación de cantos outros plans e programas sexan necesarios para a optimización coordinada dos fondos do Concello e os seus organismos, asegurando a previsión dun equilibrio financeiro.
b) A preparación do plan de disposición de fondos, de acordo co artigo 187 do Texto refundido da lei de facendas locais.
c) Depósito, manexo, custodia e administración de fondos, valores e efectos, a realización de toda clase de cobros e pagos e, en xeral, a organización dos medios e deseño dos procesos necesarios para a xestión do servizo de tesouraría municipal.
d) Minimizar os fondos necesarios e investir eficazmente para rendabilizar ao máximo os excedentes temporais de tesouraría.
e) Estudo, programación, proposta e xestión de endebedamento no que se refire a operacións de crédito a curto prazo. Responder dos avais contraidos.
f) Xestión e administración da caixa da corporación.
g) Realización das actas de arqueo ordinarias e extraordinarias, así como estados conciliatorios de saldos.
h) Autorizar, xunto co ordenador de pagos e o interventor, as ordes de pagamento que se xiren contra contas abertas en entidades financeiras ou establecementos análogos.
Ou o que é o mesmo, calquera aspecto dun expediente relativo a tributos municipais debe ser tratado co Órgano de tesouraría e xestión tributaria. Os tributos municipais son:
Imposto sobre bens inmobles
Imposto sobre actividades económicas
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Imposto sobre construcións, instalacións e obras
Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana
Taxas municipais
Contribucións especiais
Xunto a estes, deberá tratarse tamén calquera aspecto dos expedientes de recadación executiva dos ingresos tanto por tributos municipais como doutros ingresos de dereito público [tales como os prezos públicos, multas de tráfico e outras sancións administrativas (urbanísticas, etc)] e asuntos relativos a pagos, fianzas depositadas, avais outorgados, etc.
Pode vostede contactar cos distintos servizos integrantes do Órgano de tesouraría e xestión tributaria nos enderezos e/ou teléfonos seguintes:
Servizo administrativo |
Enderezo oficinas |
Teléfono contacto |
Servizos de Coordinación e de Xestión tributaria |
||
IBI |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7357 - 7359 |
IAE |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7353 |
IVTM |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7358 |
ICIO |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7363 |
IIVTNU |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7362 - 7366 |
Taxas auga, lixo e sumidoiros |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7354-7355 |
Outras taxas Inspección tributaria |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
Ext. 7361 - 7364 - 7365 986 80 43 05 |
Tesouraría e recadación voluntaria |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
986 84 32 95 |
Recadación executiva |
Rúa dos Ferreiros, 28 baixo |
986 86 42 28 |