RESPONSABLE | Concello de Pontevedra NIF: P3603800H |
CONTACTO | (+34) 986 100 185 Rúa Michelena Nº30, 36071, Pontevedra sede@pontevedra.gal |
FINALIDADE | Prestación de servizos públicos, envío de información |
LEXITIMACIÓN | O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poder públicos (artigo 6.1,e do RGPD). Consentimento das persoas interesadas, cando sexa preciso (artigo 6.1,a de o RGPD) |
DESTINATARIOS | As Administracións Públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a xestión da súa solicitude |
DEREITOS | As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso o consentimento outorgado a través sede electrónica a través da sede electrónica na sección "Dereitos sobre Protección de Datos" |
INFORMACIÓN ADICIONAL | Debe ler a información detallada sobre protección de datos máis abaixo |
Os datos persoais vinculados a páxina web e a sede electrónica responsabilidade do Concello de Pontevedra respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Datos do Responsable:
Datos do DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS:
O Concello de Pontevedra é responsable de manter un rexistro das actividades de tratamento baixo a súa responsabilidade en cumprimento das obrigas establecidas no artigo 30 do RXPD.
O Concello de Pontevedra tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para:
Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación.
Verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que previamente xa se achegasen.
Realizar notificacións e tramitar recursos.
Xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.
O Concello de Pontevedra está lexitimado para o tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co principio de licitude do tratamento sinalado no artigo 6 do RXPD e, concretamente, para:
Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos, tendo en conta a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público; Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, etc.
En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas.
En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.
Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a entidades financeiras, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do Concello de Pontevedra para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria.
As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.
Non se van a producir transferencias internacionais de datos.
Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratament.
Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.
Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos sen coste algún, recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RXPD e a LOPDGDD, polos seguintes medios:
Por escrito no rexistro do Concello de Pontevedra. Esta solicitude deberá ir asinada xunto coa copia do DNI ou pasaporte do interesado. No caso de que se actúe a través de representante legal deberá achegarse, ademais, o DNI e o documento acreditativo da presentación do representante.
Se o Concello de Pontevedra tivese dúbidas razoables en relación coa identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a información adicional necesaria para confirmar a identidade do interesado.
O Concello de Pontevedra deberá responder a solicitude no prazo dun mes dende a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse ata dous meses máis en caso de sexa preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir da recepción da solicitude.
Calquera interesado tamén poderá dirixir a súa solicitude de exercicio de dereitos a través sede electrónica a través da sede electrónica na sección "Dereitos sobre Protección de Datos"
Para máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html
No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/
En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
En cumprimento co artigo 32 do RXPD e tendo en conta o establecido na Disposición Adicional Primeira da LOPDGDD 3/2018, o Concello de Pontevedra conta cunhas medidas de seguridade establecidas polo seu regulamento interno de seguridade que segue o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) regulado polo Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro.