Identificación na sede
headerheader-400header-800

Cita previa

Atención presencial no Concello de Pontevedra

Nas dependencias municipais do Concello de Pontevedra (rúa Michelena 30, andar 0) a atención á cidadanía así como a atención para a realización dos trámites relativos ao Rexistro Xeral e ao Padrón de Habitantes pode facerse con e sen cita previa, atendendo aos seguintes horarios:

Horario de atención ao público

  • Oficina de Rexistro Xeral

    • De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
    • Do 16/06 ao 15/09 e do 22/12 ao 06/01, de luns a venres de 8:30 a 13:45 horas.
  • Atención a cidadanía

    • De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
    • Do 16/06 ao 15/09 e do 23/12 ao 06/01, de luns a venres de 8:30 a 13:45 horas.
  • Padrón de habitantes

    • De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.
    • Do 16/06 ao 15/09 e do 22/12 ao 06/01, de luns a venres de 9.00 a 13:00 horas.

A atención presencial sen cita previa realizarase por orde de chegada, obtendo a súa quenda na máquina dispensadora que se atopa nas dependencias municipais (rúa Michelena 30, andar 0).

A máquina dispensará a última quenda ás 14:15 horas para a atención no Rexistro Xeral e ás 13:15 horas para a atención no Padrón de habitantes. Nos períodos de horario reducido (do 16/06 ao 15/09 e do 22/12 ao 06/01) a última quenda que dispensará a máquina para a atención no Rexistro Xeral será ás 13:30 horas e para a atención no Padrón de habitantes será ás 12:45 horas.

Cita previa

Antes de pedir cita previa, lembre que a forma máis cómoda, rápida e sinxela de facer os trámites co Concello de Pontevedra é a través de sede.pontevedra.gal

Se ten dúbidas ou precisa axuda para acceder á sede electrónica chame ao teléfono 986 804 300.

A cita previa está dispoñible para os trámites relacionados con:

  • Tributos e Recadación
  • Rexistro
  • Obtención de contrasinal
  • Promoción económica
  • Mercado
  • Cemiterio
  • Educación
  • Padrón
  • Animais Perigosos
  • Taxis
  • Urbanismo
  • Disciplina urbanística
  • Oficina técnica de licenzas e inspección
  • Oficina técnica de rehabilitación

Canles para solicitar a cita previa

  1. Poderá solicitar cita previa de forma telemática para as principais oficinas do Concello na seguinte ligazón: citaprevia.pontevedra.gal

  2. Por teléfono, chamando aos números seguintes

    • 986 804 300 ou 986 100 185: xeral
    • 886 405 153 (resposta automática)
    • 986 833 061: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n)
    • 986 858 311 e 986 850 398: Benestar social (Rúa Xofre de Tenorio, Chalé de Fontoira)
  3. Presencialmente, dirixíndose ao persoal de atención a cidadanía.

Teñase en conta ao acudir ás oficinas que:

  • O horario da cita é orientativo. Procurarase que sexa o máis axustado posible para evitar as aglomeracións nas inmediacións dos edificios. Por este motivo as persoas citadas que se retrasen en máis de 5 minutos non poderán ser atendidas e deberán solicitar unha nova cita.

  • A espera realizarase fóra das instalacións.

  • Deberase atender ás indicacións do persoal sobre circulación polas instalacións.