Nas dependencias municipais do Concello de Pontevedra (rúa Michelena 30, andar 0) a atención á cidadanía así como a atención para a realización dos trámites relativos ao Rexistro Xeral e ao Padrón de Habitantes pode facerse con e sen cita previa, atendendo aos seguintes horarios:
Oficina de Rexistro Xeral
Atención a cidadanía
Padrón de habitantes
A atención presencial sen cita previa realizarase por orde de chegada, obtendo a súa quenda na máquina dispensadora que se atopa nas dependencias municipais (rúa Michelena 30, andar 0).
A máquina dispensará a última quenda ás 14:15 horas para a atención no Rexistro Xeral e ás 13:15 horas para a atención no Padrón de habitantes. Nos períodos de horario reducido (do 16/06 ao 15/09 e do 23/12 ao 06/01) a última quenda que dispensará a máquina para a atención no Rexistro Xeral será ás 13:30 horas e para a atención no Padrón de habitantes será ás 12:45 horas.
Antes de pedir cita previa, lembre que a forma máis cómoda, rápida e sinxela de facer os trámites co Concello de Pontevedra é a través de sede.pontevedra.gal
Se ten dúbidas ou precisa axuda para acceder á sede electrónica chame ao teléfono 986 804 300.
A cita previa está dispoñible para os trámites relacionados con:
Poderá solicitar cita previa de forma telemática para as principais oficinas do Concello na seguinte ligazón: citaprevia.pontevedra.gal
Por teléfono, chamando aos números seguintes
Presencialmente, dirixíndose ao persoal de atención a cidadanía.
Teñase en conta ao acudir ás oficinas que:
O horario da cita é orientativo. Procurarase que sexa o máis axustado posible para evitar as aglomeracións nas inmediacións dos edificios. Por este motivo as persoas citadas que se retrasen en máis de 5 minutos non poderán ser atendidas e deberán solicitar unha nova cita.
A espera realizarase fóra das instalacións.
Deberase atender ás indicacións do persoal sobre circulación polas instalacións.