Identificación na sede
headerheader-400header-800

Descrición da sede

Identificación e titularidade

A Sede Electrónica é o enderezo electrónico https://sede.pontevedra.gal/, dispoñible para os cidadáns a través das redes de telecomunicacións, que permite acceder á información, aos servizos e aos trámites electrónicos da administración municipal.

A titularidade, xestión e administración corresponde ao Concello de Pontevedra, que será o responsable de garantir a integridade, veracidade e actualización da información dos servizos aos que se pode acceder a través dela.

Que podo facer na Sede Electrónica?

A Sede Electrónica permite obter información e xestionar a través de Internet as relacións coa administración municipal. Está aberta as 24 horas de cada uno dos 365 días do ano e contén unha parte pública e unha parte privada.

Na parte pública, entre outros, pódense consultar:

  • Os procedementos contidos no catálogo, onde se describe cada un deles e se indican as formas de tramitación posibles, documentación necesaria e modelos de solicitude.
  • O taboleiro de anuncios municipal.
  • O perfil de contratante.
  • A normativa municipal.
  • A información institucional, organizativa, de planificación, económica, orzamentaria e estatística.
  • Información tributaria en xeral.
  • A verificación de documentación expedida pola Administración municipal asinada electrónicamente.

Na parte privada pódese, a súa vez:

  • Presentar solicitudes electrónicas.
  • Descargar volantes de empadroamento.
  • Aboar recibos de tributos municipais.
  • Consultar unidades fiscais e recibos.
  • Consultar os escritos presentados no rexistro xeral.
  • Comprobar o estado de tramitación de aqueles expedientes iniciados a través de solicitude electrónica.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá identificarse mediante o sistema Cl@ve ou un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

Os trámites que se realicen de forma electrónica a través de esta sede terán a mesma validez que de forma presencial.

Para comunicar calquera incidencia no emprego desta sede electrónica pódese poñer en contacto coa administración a través do enderezo electrónico sede@pontevedra.gal.