A Sede Electrónica é o enderezo electrónico https://sede.pontevedra.gal/, dispoñible para os cidadáns a través das redes de telecomunicacións, que permite acceder á información, aos servizos e aos trámites electrónicos da administración municipal.
A titularidade, xestión e administración corresponde ao Concello de Pontevedra, que será o responsable de garantir a integridade, veracidade e actualización da información dos servizos aos que se pode acceder a través dela.
A Sede Electrónica permite obter información e xestionar a través de Internet as relacións coa administración municipal. Está aberta as 24 horas de cada uno dos 365 días do ano e contén unha parte pública e unha parte privada.
Na parte pública, entre outros, pódense consultar:Na parte privada pódese, a súa vez:
Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá identificarse mediante o sistema Cl@ve ou un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.
Os trámites que se realicen de forma electrónica a través de esta sede terán a mesma validez que de forma presencial.
Para comunicar calquera incidencia no emprego desta sede electrónica pódese poñer en contacto coa administración a través do enderezo electrónico sede@pontevedra.gal.