Localice o procedemento no listado de procedementos tramitables electrónicamente, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria que se debe achegar.
Se a solicitude require a presentación dun modelo cuberto poderá descargar este último dende a sección Formularios relacionados do detalle do procedemento. A continuación deberá encher todos os campos e gardalo no seu equipo para achegalo posteriormente.
No caso de que o procedemento buscado non figure na lista poderá empregar unha Solicitude xeral.
Dende o detalle do trámite prema no botón Rexistro electrónico para iniciar a solicitude.
Identifíquese mediante algún dos sistemas admitidos na sede: o sistema Cl@ve ou usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas)
Pode solicitar o seu usuario e contrasinal de forma electrónica mediante o trámite 132 Solicitude de alta con usuario e contrasinal na sede ou de forma presencial nas oficinas de rexistro do Concello de Pontevedra.
Revise os datos do interesado, verificando que a dirección e o teléfono son correctos.
Cubra o formulario de solicitude, no caso de que o procedemento requira a introducción de datos adicionais, e anexe os documentos premendo o botón Escolla o arquivo.
O sistema permite achegar un máximo de 15 documentos, cun peso total non superior a 100 megas. Se precisa presentar un número maior pode seguir as instruccións descritas na guía Achegar máis de 15 documentos, ou documentación de gran tamaño, a unha solicitude .
Prema o botón Enviar da parte inferior do procedemento, espere uns intres a que se complete o proceso e descargue o xustificante autoxerado.