headerheader-400header-800

Como podo consultar o estado de tramitación dos expedientes

  1. Acceda á sección Expedientes e identifíquese

    Acceda á sección Expedientes da parte privada da Sede Electrónica.

    Identifíquese mediante algún dos sistemas admitidos: Cl@ve ou o usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas).

  2. Consulte a bandexa de expedientes

    Poderá ver a bandexa dos expedientes nos que figura como interesado, mostrando para cada entrada o seu código e tipo, o asunto relacionado e o estado de tramitación.

    Se desexa ver máis entradas, prema as frechas na parte superior e inferior da táboa. Se desexa filtrar por unha palabra clave, código ou estado utilice a caixa de entrada de texto.

  3. Acceda ao detalle dun expediente

    Prema no botón con forma de lupa da parte dereita dunha entrada para acceder a súa pantalla de detalle, dende a que poderá:

    • Ver o estado de tramitación.
    • Descargar os documentos asociados.