Acceda á sección Expedientes da parte privada da Sede Electrónica.
Identifíquese mediante algún dos sistemas admitidos: Cl@ve ou o usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas).
Poderá ver a bandexa dos expedientes nos que figura como interesado, mostrando para cada entrada o seu código e tipo, o asunto relacionado e o estado de tramitación.
Se desexa ver máis entradas, prema as frechas na parte superior e inferior da táboa. Se desexa filtrar por unha palabra clave, código ou estado utilice a caixa de entrada de texto.
Prema no botón con forma de lupa da parte dereita dunha entrada para acceder a súa pantalla de detalle, dende a que poderá: