headerheader-400header-800

Como podo consultar os escritos presentados

  1. Acceda á sección Escritos Presentados e identifíquese

    Acceda á sección Escritos presentados da parte privada da Sede Electrónica.

    Identifíquese mediante algún dos sistemas admitidos: Cl@ve ou o usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas).

  2. Consulte a bandexa de escritos

    Poderá ver na súa bandexa de escritos presentados as últimas entradas, mostrando para cada unha o código de rexistro, a data de presentación e o asunto relacionado.

    Se desexa ver máis entradas, prema as frechas na parte superior e inferior da táboa. Se desexa filtrar por unha palabra clave, data ou código de rexistro utilice a caixa de búsqueda na parte superior dereita.

  3. Acceda ao detalle dun escrito

    Prema no botón con forma de lupa da parte dereita dunha entrada para acceder á pantalla de detalle, dende a que poderá:

    • Acceder ao expediente asociado, se existe.
    • Descargar o xustificante de entrada.
    • Descargar os documentos asociados.