Localice no listado de procedementos o tipo procedemento de achega de documentación complementaria máis axeitado en función do servizo municipal ao que vai dirixida a solicitude.
Pode atopar de xeito sinxelo este tipo de procedemento introducindo no campo de búsqueda a palabra clave documentación e presionando o botón Buscar.
No caso de que non exista unha solicitude específica poderá empregar a seguinte: 131 Achega de documentación complementaria.
Prepare a documentación e cubra o formulario de solicitude requirido. Neste formulario deberá indicar:
A Sede Electrónica permite un máximo de 15 ficheiros por solicitude con un peso total non superior a 100 megas. Se precisa enviar máis documentos, ou en conxunto pesan máis de 100 MB, deberá seguir os pasos indicados na guía Como podo achegar máis de 15 documentos, ou documentación de gran tamaño, a unha solicitude.
Prema o botón Rexistro electrónico do procedemento e identifíquese con un dos sistemas aceptados: Cl@ve ou usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra.
Agregue a documentación utilizando o botón Escolla o ficheiro e prema Enviar Solicitude.
Pode obter máis información sobre a presentación de solicitudes na guía Como podo presentar unha solicitude electrónica.