Identificación na sede
headerheader-400header-800

Como podo cambiar a dirección de email usada para os avisos de notificacións electrónicas

O Concello de Pontevedra utiliza o correo electrónico para avisar aos interesados dun procedemento que teñen dispoñibles notificacións electrónicas. A dirección utilizada é a indicada durante a presentación de calquera solicitude, polo que sempre estará actualizada ao valor establecido no último escrito presentado.

Sen embargo, se nun momento dado precisa cambiar a dirección existente, pode facelo presentando unha Solicitude Xeral.

Os pasos a seguir son os indicados a continuación:

  1. Inicie unha nova solicitude e identifíquese

    Localice no listado de procedementos a solicitude 130 Solicitude xeral, prema no botón Rexistro electrónico e identifíquese con un dos sistemas admitidos na Sede Electrónica: Cl@ve ou usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra.

  2. Modifique os datos de notificación e cubra o formulario

    Verifique que ten seleccionada a casilla Quero recibir as notificacións só electronicamente se únicamente desexa recibir notificacións por este medio ou Quero recibir as notificacións en papel se quere recibilas tamén por correo postal no seu domicilio. Este último caso é únicamente válido para persoas físicas.

    Indique no campo de texto da sección Datos a efectos de notificación a dirección de correo electrónico na que quere recibir os avisos. A entrada mostrada de forma inicial é a que xa consta no sistema, polo que se desexa eliminala sen establecer unha nova pode simplemente borrala.

    Cubra os campos Expoño/Solicito da sección Información da solicitude indicando que se trata dunha modificación da dirección de email utilizada para a recepción de notificacións electrónicas.

    Por exemplo, unha solicitude orientada a substituir a dirección actual por unha nova podería ter o seguinte aspecto:

    Exemplo de solicitude para cambio de dirección de email
  3. Envíe a solicitude

    Prema o botón Enviar Solicitude, espere uns intres e descargue o xustificante de rexistro.

    Pode obter máis información sobre a presentación de solicitudes na guía Como podo presentar unha solicitude electrónica.