Identificación na sede
headerheader-400header-800

Como podo asinar un documento pendente

  1. Descargue e instale o programa autofirm@

    Se sabe que xa dispón do programa autofirm@ pode omitir este paso. En caso contrario debe instalalo no seu equipo como requisito previo á realización de sinaturas.

    Pode descargar a última versión dispoñible dende o seguinte enlace: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html

  2. Acceda á Sección de documentos pendentes de asinar e identifíquese

    Acceda á sección Documentos pendentes de asinar da Sala de Sinaturas.

    A sede pediralle que se identifique mediante algún dos sistemas admitidos: Cl@ve ou o usuario e contrasinal concertado co Concello de Pontevedra (este último soamente persoas físicas).

  3. Acceda ao detalle do documento pendente de sinatura

    Prema na lupa a carón do documento que desexa asinar para acceder ao seu detalle. Dende esa pantalla poderá ver o documento, asinalo ou rexeitar a solicitude.

    No caso de rexeitar a sinatura deberá indicar o motivo do seu rexeitamento, tras o cal o documento deixará de ser visible para vostede.

  4. Asine o documento

    Presione o botón Asinar para lanzar o programa autofirm@ e permita a execución cando se lle pregunte.

    Escolla o certificado axeitado para realizar a sinatura, o cal debe ser válido e que non se atope caducado nin revogado, e finalice a sinatura.

    Se precisa máis información ten dispoñible a Guía de uso da sala de sinaturas en formato pdf na que se describe este procedemento con máis detalle.