Identificación na sede
headerheader-400header-800

Actuacións administrativas automatizadas

O artigo 41.1 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público define actuación administrativa automatizada como "calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos por unha Administración pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interviñese de forma directa un empregado público".

As actuacións administrativas automatizadas empregadas no Concello de Pontevedra xunto cos selos electrónicos correspondentes pódense consultar nos decretos de desenvolvemento da ordenaza reguladora da administración electrónica e na seguinte táboa:

Selo electrónico da Alcaldía
1. Avisos xerados na aplicación de xestión de procedementos electrónicos.
2. Constancia das incidencias xurdidas no funcionamento da Sede Electrónica.
3. Exportación de expedientes ao Esquema Nacional de Interoperabilidade.
4. Resolucións de ordes de pago.
Selo electrónico de Secretaría
1. Expedición do xustificante da documentación presentada no rexistro electrónico.
2. Constancia da imaxe da documentación presentada no rexistro presencial.
3. Publicación de anuncios no taboleiro de anuncios electrónico.
4. Índices dos libros de resolucións electrónicos.
5. Expedición electrónica de certificados de empadroamento.
6. Fe pública das seguintes resolucións:
a. Resolucións de concesión de fraccionamentos e aprazamentos de débedas en período de pago voluntario.
b.Resolucións de concesión de exencións no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para vehículos provistos de cartilla de inspección agrícola.
c. Resolucións de ordes de pago.
d. Resolucións de concesión de procedemento de devolución de ingresos indebidos duplicados ou excesivos, a aboar mediante transferencia bancaria, e tramitados presencialmente ou a través da oficina virtual tributaria.
e. Resolucións de concesión de rateos de cota tributaria previamente ingresada do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, nos casos de baixa do vehículo nos termos previstos no artigo 96.3 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL), a aboar mediante transferencia bancaria, e tramitados presencialmente ou a través da oficina virtual tributaria.
f. Resolucións de adxudicación de contratos menores.
Selo electrónico do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria
1. Resolucións e notificacións de fraccionamentos e aprazamentos de débedas en período de pago voluntario.
2. Resolucións de concesión de exencións no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para vehículos provistos de cartilla de inspección agrícola.
3. Resolucións de concesión de procedemento de devolución de ingresos indebidos duplicados ou excesivos, a aboar mediante transferencia bancaria, e tramitados presencialmente ou a través da oficina virtual tributaria.
4. Resolucións de concesión de rateos de cota tributaria previamente ingresada do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, nos casos de baixa do vehículo nos termos previstos no artigo 96.3 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL), a aboar mediante transferencia bancaria, e tramitados presencialmente ou a través da oficina virtual tributaria.