Identificación na sede
headerheader-400header-800

Actuacións administrativas automatizadas

O artigo 41.1 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público define actuación administrativa automatizada como "calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos por unha Administración pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interviñese de forma directa un empregado público".

As actuacións administrativas automatizadas empregadas no Concello de Pontevedra xunto cos selos electrónicos correspondentes pódense consultar nos decretos de desenvolvemento da ordenaza reguladora da administración electrónica e na seguinte táboa:

Actuación administrativa automatizada Selo electrónico
Expedición do xustificante da documentación presentada no rexistro electrónico Selo electrónico de Secretaría
Constancia da imaxe da documentación presentada no rexistro presencial
Publicación de anuncios no taboleiro de anuncios electrónico
Índices dos libros de resolucións electrónicos
Expedición electrónica de certificados de empadroamento
Resolucións e notificacións de fraccionamentos e aprazamentos de débedas en período de pago voluntario Selo electrónico do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria
Notificacións automatizadas remitidas polo Órgano de Tesouraría e Xestión Tributaria e notificacións que se remiten dende a empresa que xestiona a recadación executiva
Avisos xerados na aplicación de xestión de procedementos electrónicos Selo electrónico da Alcaldía
Constancia das incidencias xurdidas no funcionamento da Sede Electrónica
Exportación de expedientes ao Esquema Nacional de Interoperabilidade