headerheader-400header-800

Data e hora oficial

O artigo 31.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas,  sinala que os rexistros electrónicos rexeranse, a efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados como ás Administracións Públicas, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar de xeito accesible e  visible.

Por outro lado, o artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, de 23 de outubro.

En cumprimento destas disposicións ofrécese a data e hora oficial da sede electrónica do Concello de Pontevedra que pode verse na esquina superior dereita da páxina.