A Directiva (UE) 2016/2102, do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público esixe que estes se baseen en requisitos comúns de accesibilidade establecidos a nivel europeo de forma que se fomente a interoperabilidade.
Para a consecución deste obxectivo aprobouse o Real Decreto 1112/2018 o cal recolle os aspectos relativos aos requisitos mínimos de accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público co fin de seguir garantindo que a accesibilidade e non discriminación, en xeral e especialmente das persoas con discapacidade nas súas relacións co sector público, sexan reais e efectivas.
Por outra banda, os sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles das administracións públicas teñen o deber de cumprir cos criterios de accesibilidade recollidos na norma UNE-EN 301549:2019 de “Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC”. Trátase dunha norma española que aplica o estándar harmonizado, declarado pola Comisión Europea, da norma EN 301 549:2018 versión 2.1.2 que se atopa aliñada coas normas WCAG 2.1 do Consorcio World Wide Web (W3C).
O Concello de Pontevedra ten como un dos seus principais obxectivos que o seu sitio web sexa o máis accesible posible. Para iso estase traballando na adaptación completa ás normas e estándares arriba mencionados. En calquera caso é posible que se atope algunha páxina que non se adapta ao 100% xa que algunhas seccións contidas no portal atópanse en proceso de adaptación e mellora.
Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través do propio navegador, no menú "Ver", opción "Tamaño do texto", pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.
O Concello de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sede.pontevedra.gal excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.
Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
a) falta de conformidade co RD 1112/2018
b) Carga desproporcionada
Non aplica
c) O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable.
Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF/PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría si o cumpran. Así mesmo, pode ter contido de terceiros que non estean desenvoltos nesta administración, nin baixo o seu control.
A presente declaración foi preparada o día 27/06/2023. O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo por inSuit o día 23/06/2023. Última revisión da declaración: 27/06/2023
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (art. 10.2.a) do RD 1112/2018), por exemplo:
Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
a través do correo accesibilidade.sede@pontevedra.eu ou a través do teléfono 986804300.
As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de secretaría e asuntos xerais.
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese #de acordo con a decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta. A reclamación pode ser presentada través de Suxerencia ou queixa sobre o funcionamento dos servizos municipais de Sede electrónica do Concello de Pontevedra, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Concello de Pontevedra.
Este sitio cumpre cos requisitos da norma UNE-EN 301549:2019. Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal web debe cumprir se quere ser accesible considerando as excepcións do RD 1112/2018
O sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 8.0 e ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024 (aínda que pode ser menor).
Este sitio web está deseñado para a súa visualización Responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.
Procedementos relacionados:
606 Solicitude de información accesible e queixas sobre accesibilidade web