headerheader-400header-800

aCCESIBILIDADE WEB

A Directiva (UE) 2016/2102, do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público esixe que estes se baseen en requisitos comúns de accesibilidade establecidos a nivel europeo de forma que se fomente a interoperabilidade.

Para a consecución deste obxectivo aprobouse o Real Decreto 1112/2018 o cal recolle os aspectos relativos aos requisitos mínimos de accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público co fin de seguir garantindo que a accesibilidade e non discriminación, en xeral e especialmente das persoas con discapacidade nas súas relacións co sector público, sexan reais e efectivas.

Por outra banda, os sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles das administracións públicas teñen o deber de cumprir cos criterios de accesibilidade recollidos na norma UNE-EN 301549:2019 de “Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC”. Trátase dunha norma española que aplica o estándar harmonizado, declarado pola Comisión Europea, da norma EN 301 549:2018 versión 2.1.2 que se atopa aliñada coas normas WCAG 2.1 do Consorcio World Wide Web (W3C).

O Concello de Pontevedra ten como un dos seus principais obxectivos que o seu sitio web sexa o máis accesible posible. Para iso estase traballando na adaptación completa ás normas e estándares arriba mencionados. En calquera caso é posible que se atope algunha páxina que non se adapta ao 100% xa que algunhas seccións contidas no portal atópanse en proceso de adaptación e mellora.

Tamaño do texto

Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través do propio navegador, no menú "Ver", opción "Tamaño do texto", pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.


DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE

O Concello de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sede.pontevedra.gal excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

a) falta de conformidade co RD 1112/2018

Poderían existir fallos puntuais de edición na web, tales como contraste insuficiente, presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto, enlaces sen texto ou información adicional, erros en listas ordenadas, ou fallos no foco do teclado.

b) Carga desproporcionada

Non aplica

c) O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable.

Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF/PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría si o cumpran. Así mesmo, pode ter contido de terceiros que non estean desenvoltos nesta administración, nin baixo o seu control.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 12 de agosto de 2019 mediante unha autoaviliación levada a cabo polo propio Concello de Pontevedra a través de informe solicitado ao Observatorio de Accesibilidade.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (art. 10.2.a) do RD 1112/2018), por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web

  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido

  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

a través do correo accesilidade.sede@pontevedra.eu ou a través do teléfono 986804300.

As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de secretaría e asuntos xerais.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Este sitio cumpre cos requisitos da norma UNE-EN 301549:2019. Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal web debe cumprir se quere ser accesible considerando as excepcións do RD 1112/2018

O sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 8.0 e ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024 (aínda que pode ser menor).

Este sitio web está deseñado para a súa visualización Responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.