Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

226 Solicitude de subvencións destinadas á realización de investimentos para a modernización, mellora, adaptación e dixitalización do sector económico e comercial do Concello de Pontevedra (Supera 21 Inversións)

alertaDende : 02/09/2021 - Ata : 01/10/2021
alertaCódigo SIA: 2673001

Procedemento para solicitar as subvencións aprobadas polo Concello de Pontevedra, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar investimentos dirixidos á modernización, mellora, adaptación e dixitalización do sector económico do Concello de Pontevedra.

Os gastos que se financian son os realizados en locais, establecementos comerciais ou centros de traballo do Concello que estean efectivamente executados e pagados entre o 14/03/2020 e o 31/12/2021.

A finalidade da subvención é preservar o tecido profesional e da pequena empresa de Pontevedra, afectada pola crise sanitaria provocada pola COVID-19.

De acordo co artigo 9 das bases da convocatoria, xunto co formulario de solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación:

  1. Se a solicitante é persoa xurídica: copia do documento de constitución da empresa e, de ser o caso, documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade de quen asina a solicitude.
  2. Certificado de situación censal actualizado que indique a actividade económica coa data de alta, domicilio fiscal e no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade ou documento equivalente.
  3. Alta no réxime da Seguridade Social ou certificado da mutualidade do colexio profesional correspondente das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo.
  4. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
  5. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
  6. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
  7. Documentación necesaria para puntuar as solicitudes:

No caso de diminución de facturación: para acreditar a puntuación por baixada de facturación deberá de presentarse a seguinte documentación, sen prexuízo da acreditación deste apartado mediante a presentación de calquera documento ou por calquera outro medio que sexa válido e admitido en dereito:

  • Declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020.
  • Declaracións trimestrais de IVE (modelo 303).
  • Declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do 4º trimestre do ano 2019 e do 4º trimestre do ano 2020.
  • Copias, referidas aos períodos de comparación, de: libro de facturas emitidas e recibidas, libro diario de ingresos e gastos, libro rexistro de ventas e ingresos, libro de compras e gastos.

No caso de creación de emprego por conta allea:

  • Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesourería Xeral da Seguridade Social das novas persoas contratadas.
  • Relación nominal de persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social.

No caso de mantemento de emprego:

  • Informe de vida laboral completo das persoas traballadoras contratadas.
  • Documento de Relación nominal de traballadores á data do mes anterior á publicación desta convocatoria no BOPPO.

No caso de emprego da lingua galega na realización das actividades propias da empresa ou negocio: calquera medio ou documento que acredite o uso normal do galego na actividade propia e ordinaria da empresa, como páxina web, publicidade, cartelaría, etc.

As seguintes persoas e entidades:

  1. Pequenas e medianas empresas (PEMES) que empreguen a menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual que non superen os dez millóns de euros, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  2. As seguintes entidades da economía social que ocupen a menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual que non superen os dez millóns de euros: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir coa definición de microempresa establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  3. Persoas emprendedoras que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, que cumpran os requisitos de empregados/as e facturación sinalado para os apartados anteriores.

Para obter a subvención é imprescindible:

  1. Ter o domicilio social e fiscal no Concello de Pontevedra e desenvolver unha actividade económica nun local, establecemento ou centro de traballo determinado aberto ao público e con atención directa a este que estea situado no Concello de Pontevedra. No caso de persoas emprendedoras sinaladas no apartado 1. c) o domicilio fiscal poderá estar noutro Concello, pero deberán desenvolver a súa actividade nun local situado no Concello de Pontevedra.
  2. Estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
  3. Atoparse ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Pontevedra, coas facendas Públicas (estatal e autonómica) e coa Seguridade Social, e non estar incursas en ningunha das prohibicións para recibir subvencións enumeradas no artigo 13 da Lei de subvencións.

Volver