Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

891 Presentación de alegacións ou achega de documentación en procedementos abertos

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848309

Por esta vía, pode vostede efectuar as alegacións e achegar a documenación que estime procedentes para a mellor defensa dos seus dereitos, sempre que o Concello lle notificase unha proposta de resolución que lle afecte.

Para isto, indicaráselle nese mesmo documento que dispón dun prazo, habitualmente de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da notificación da proposta, se ben calquera alegación feita antes de que se dite a resolución do procedemento será tida en conta.

Terá dereito a este trámite de alegacións sempre que se trate de procedementos iniciados de oficio e nalgún caso, nos iniciados a instancia súa. A modo de exemplo, poderá alegar con carácter previo a que se dite unha resolución nos procedementos de:

- Comprobación limitada de cumprimento das súas obrigas tributarias.

- Inspección tributaria.

- Revogación de actos tributarios.

- Denegación dun beneficio fiscal solicitado por vostede.

- Imposición de sancións de natureza tributaria.

- Copia do NIF do interesado e, no seu caso, do representante, xunto co documento que acredite a representación no caso de representación legal.

- Calquera documento que estime oportuno para xustificar as alegacións que formule.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico