Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

890 Recurso de reposición contra actos de aplicación e efectividade dos tributos propios do Concello de Pontevedra

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848307

O recurso de reposición supón unha vía potestativa de impugnación dos actos de aplicación e efectividade dos tributos propios do Concello de Pontevedra.

Poderá interpoñerse contra as resolucións ditadas polo Órgano de Tesouraría e Xestión Tributaria, con carácter previo á interposición da reclamación económico-administrativa, se é o caso.

Lembre:

- Que para poder impugnar en vía contencioso administrativa só é obrigatorio ter presentado a reclamación económico administrativa. O recurso de reposición sempre é opcional.

- No caso de decidirse a interposición deste recurso, o prazo para facelo será dun mes a contar dende o día seguinte ao da notificación expresa do acto cuxa revisión se solicita ou ao da finalización do prazo de exposición pública do padrón ou matrícula de obrigados ao pago que corresponda.

- Durante ese mesmo prazo dun mes, o interesado poderá solicitar a posta de manifesto do expediente nas dependencias do servizo que o tramitou.

- A simple interposición do recurso nunca suspende a execución do acto recorrido. Para saber como obter este beneficio deberá estarse ás normas de suspensión previstas na Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección.

- Modelo de solicitude debidamente cumprimentado.

- Se solicita unha devolución, documento da entidade financeira na que estea aberta a conta, no que consten os vintecatro díxitos do IBAN e a titularidade/cotitularidade do interesado.

- Copia do NIF do interesado e, no caso de actuar mediante representante, a copia do NIF deste e máis o documento que acredite a representación.

- Calquera documentación (ou copia da mesma) que o interesado considere necesaria para apoiar ou demostrar as súas alegacións.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico