Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

830 Declaración tributaria do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848011
Constitúe a obriga por parte do suxeito pasivo de presentar ante o Concello a correspondente declaración que conteña os elementos da relación tributaria imprescindibles para practicar a liquidación do imposto.

-Solicitude [Para a presentación presencial cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado. Mod. 830 declaración tributaria do IIVTNU (plusvalía)]

-Copia simple notarial ou fotocopia da escritura ou documento que orixine a transmisión

-Fotocopia do último recibo do IBI (no caso de non encher a casiña destinada á referencia catastral)

-Copia do título da anterior transmisión do inmoble ou dos terreos no que estea situado, caso de que a dita data non conste no título de escritura ou documento que orixine a transmisión actual. No caso de que non se xustifique a anterior transmisión, este imposto liquidarase polo período máximo, 20 anos.

-Identificación das partes:

Persoas xurídicas: fotocopia do NIF e documentación que acredite a representación, e copia do NIF do representante.

Persoas físicas: fotocopia do NIF.

Ademais, no caso de sucesión mortis causa:

-Copia do modelo 650 do Imposto sobre sucesións e doazóns, e do seu anexo de relación de bens.

Pode descargar o modelo de solicitude e os seus anexos en formato editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico