headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

919 Compromiso asunción de responsabilidade e carta de pago con bonificación sancionador

O trámite permite recoñecer a responsabilidade e solicitar a carta de pago para pagar voluntariamente as sancións tramitadas por este Concello.

O recoñecemento da responsabilidade implica unha redución do 20% da sanción proposta e o pago voluntario implica a terminación do procedemento e unha redución engadida do 20% da sanción proposta.

En ambos os supostos, a efectividade das citadas bonificacións, que serán acumulables, queda condicionada á renuncia a calquera acción ou recurso en vía administrativa contra a sanción.

Á persoa denunciada ou calquera outra que acredite a súa representación.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220 De lunes a vienes de 8:30 a 14:30 horas- De lunes a jueves de 17:00 a 19:00 horas Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De lunes a vienes de 8:30 a 14:30 horas- De lunes a jueves de 17:00 a 19:00 horas

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguiente enlace:

Artigo 85.3 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas


Volver
Rexistro electrónico