Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

803 Solicitude de beneficios fiscais rogados imposto sobre actividades económicas

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848002

É a solicitude da exención ou bonificación no Imposto sobre actividades económicas se se atopa vostede en calquera dos supostos seguintes.

- Exencións:

a) Entidades sen fins lucrativo ou adicadas ao mecenado

b) Organismos públicos de investigación e establecementos de ensinanza de carácter público ou con concerto educativo

c) As asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistenciais e de emprego que realicen para o ensino, educación, rehabilitación e tutela de minusválidos.

- Bonificacións:

a) Suxeitos pasivos que tributen por cada cota municipal e que teñan incrementado o promedio da súa plantilla de traballadores con contrato indefinido durante o período impositivo inmediato anterior ao da aplicación da bonificación, en relación co período anterior a aquel.


Exencións:

a) Entidades sen fins lucrativo ou adicadas ao mecenado.

- Copia da declaración censual (modelo 036) ou certificado acreditativo de non estar obrigado á presentación da declaración fiscal

- Certificado do literal de inscrición no Rexistro de Entidades Relixiosas (se é o caso)

b) Organismos públicos de investigación, establecementos de ensinanza públicos ou con concerto educativo

- Certificación da administración correspondente, acreditativa do financiamento da entidade.

c) Asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro.

- Certificación do órgano do que dependa, acreditativa da natureza e fins da entidade.

Bonificacións:

a) Por fomento do emprego polo incremento de traballadores con contrato indefinido.

- Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da vida laboral da empresa acreditativo de que o incremento é como mínimo do 10% do cadro de persoal e que o cadro de persoal previo ao incremento era igual ou superior a 6 traballadores

- Fotocopia dos contratos laborais dos traballadores contratados no período impositivo inmediato anterior

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico