Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
A todas as persoas obrigadas ao pago dos recibos do Concello de Pontevedra que non queiran estar pendentes da finalización dos prazos de pago en período voluntario.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Actualmente, o Concello de Pontevedra só permite domiciliar pagos en concepto de tributos de devengo periódico e notificación colectiva, isto é, recibos de padróns. Isto inclúe principalmente, aínda que non unicamente, o IBI, IAE, IVTM e máis as taxas de auga, lixo e sumidoiros. Non se poden aboar por domiciliación nin as liquidacións nin as autoliquidacións. Lembrámoslle que a primeira vez que pague vostede o IBI, IAE, IVTM ou auga, lixo e sumidoiros, para ese primeiro pago tampouco cabe a domiciliación.
O Concello de Pontevedra acepta a domiciliación dun recibo nunha entidade financeira, sempre que o asinante desta sexa o titular da conta bancaria na que se domicilia. Isto será así independentemente de quen sexa o titular da débeda.
a) Pode facelo ben a través desta sé virtual, premendo aquí, e cumprimentando todos os campos necesarios. b) Ou ben presencialmente nas oficinas de Tesouraría e recadación (r/ Michelena, 30, 2º andar). Alí deberá cumprimentar e asinar o formulario correspondente. O trámite realizarase no mesmo momento. c) Tamén poderá realizalo presencialmente, entregando o formulario correspondente cumprimentado e asinado no rexistro do Concello de Pontevedra (r/ Michelena, 30, pranta baixa)
Efectivamente, dende a entrada en vigor das normas europeas do SEPA, nos documentos de domiciliación bancaria está prohibido información máis alá dos 140 caracteres, o cal na maioría dos casos fai imposible dar un detalle razoable da débeda que se está aboando. No caso de que se trate dos recibos de Viaqua (auga, lixo e sumidoiros), ese detalle deberá corresponderse co do documento que esta lle remite bimestralmente ao seu domicilio. Se non lle chegara, poderá pedir un duplicado nas oficinas da empresa (r/ Padre Sobreira, 2, baixo) No caso doutros recibos, pode pedir o dito duplicado a) Ben a través desta sé virtual, premendo aquí. b) Ben presencialmente nas oficinas de Tesouraría e recadación (r/ Michelena, 30, 2º andar). Teña en conta que se non pode acreditar vostede ser o titular da débeda, o documento de pago que se lle expida non incluirá máis datos que os relativos á débeda, nunca datos de carácter persoal e polo tanto protexidos.