Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

Imposto sobre construccións, instalacións e obras

alertaTramitable todo o ano

Feito impoñible e suxeitos pasivos

O Imposto sobre construcións, instalacións e obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, se obtivese ou non a dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao Concello de Pontevedra.

No ICIO, o suxeito pasivo a título de contribuínte é a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexa dono da construción, instalación ou obra gravada, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Isto é, aquela persoa que soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

Sen embargo, no caso de que a construción, instalación ou obra non a realice o dono da mesma, terá a condición de substituto do contribuínte quen solicite a correspondente licenza (ou no seu caso presente a declaración responsable ou comunicación previa) ou quen realice as construcións, instalacións ou obras.

As obrigas tributarias formais e de pago do ICIO recaerán sempre que exista no substituto do contribuínte, sen prexuízo de que este poda reclamarlle o importe ao contribuínte, cuestión en todo caso allea a esta Administración tributaria.

Exencións

Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.

Base impoñible, cota e devengo

A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

Exclúense da base impoñible o IVE e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, tamén os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista ou calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame, que no Concello de Pontevedra é do 3,2 %.

O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.

Xestión tributaria do imposto

O imposto xestiónase a través dunha dobre vía, a da liquidación provisional para posteriormente proceder á emisión dunha liquidación definitiva.

  • Liquidación/Autoliquidación provisional: Cando se conceda a licenza preceptiva ou se presente a declaración responsable ou a comunicación previa ou cando, no téndose solicitado, concedido ou denegado aínda aquela ou presentado estas, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase polo interesado unha autoliquidación, que terá o carácter de provisional a conta, determinándose a base impoñible, con carácter xeral, en función do orzamento presentado polos interesados, siempre que fose visado polo colexio oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo.

O prazo para efectuar esta autoliquidación será de tres meses a contar dende a data de concesión da licenza que corresponda ou da presentación da declaración responsable ou a comunicación previa ou, no seu caso, dende a data de inicio da obra se esta se producira con anterioridade ás datas anteriores.

A autoliquidación acompañarase do presuposto da construción, instalación ou obra debidamente desglosado e máis o número de licenza que as ampara, de ser esta preceptiva e estar concedida, ou da declaración responsable ou comunicación previa presentada.

  • Liquidación definitiva: Unha vez finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible da autoliquidación provisional practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Bonificacións

O Concello de Pontevedra concede unha bonificación na cota do ICIO, ás construcións, instalacións ou obras para a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A bonificación é do 50%. Para a aplicación desta bonificación será necesario:

  • Que os colectores obxecto da instalación dispoñan da correspondente homologación administrativa.

  • Que a implantación destes sistemas non sexa obrigatoria a teor da normativa específica na materia.

  • Esta bonificación alcanzará exclusivamente á parte da cota correspondente ás construcións, instalacións ou obras destinadas estritamente á fin indicada e en ningún caso se concederá se a construción, instalación ou obra non está amparada pola correspondente licenza ou presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

  • Para a súa concesión será requisito a solicitude expresa do obrigado ao pago no prazo máximo de tres meses dende a concesión da licenza ou presentación de declaración responsable ou comunicación previa, acompañando copia do presuposto de obra que determine razoadamente o custo que supón a parte da construción, instalación ou obra bonificable, identificación da licenza de obras ou orde de execución ou declaración responsable ou comunicación previa presentada que a ampara, así como calquera outra documentación que o interesado estime oportuna. A devolución que xenere a eventual concesión deste beneficio fiscal recibirá o tratamento a efectos de xuros previsto no artigo 31 da Lei xeral tributaria.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Recadación voluntaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Tramitación Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Recadación voluntaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335
Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300
Oficina Horario
Recadación voluntaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Servizos de coordinación e xestión tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver