Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
a) Retirada, nos casos de baixa ou modificación que implique unha diminución da superficie ou, no seu caso, elementos instalados.
b) No caso de que a ocupación non se chegue a realizar, o prazo de 5 días naturais computará dende a data que conste na autoliquidación de alta.
As declaracións de baixa ou de modificación que supoña diminución dos elementos surtirán efectos dende a data de baixa declarada, sempre e cando se presentasen no prazo de 5 días antes indicado. Sen embargo, a presentación destas fora de prazo, producirá efectos desde a súa presentación, de acordo co disposto na Lei xeral tributaria, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñer.
Teña en conta que as declaracións de cambio de titularidade das ocupacións realizadas tramitaranse como modificacións, debendo ser presentadas polo novo titular. A esta declaración acompañaráselle copia do último recibo e a copia do título que provoca o cambio de titularidade.