Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

Taxas por ocupación de dominio público

alertaTramitable todo o ano
Feito impoñible e suxeitos pasivos

Actualmente, o Concello de Pontevedra dispón de 7 ordenanzas fiscais específicamente reguladoras de distintas taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local por distintas actividades, concretamente:

  • Entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (Vados)

  • Postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, e industrias de rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica

  • Mesas e cadeiras con finalidade lucrativa

  • Mercadorías, materiais de construción, cascallos, valados, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas

  • Ocupacións do subsolo, solo e voo da vía pública

  • Zanxas, prospeccións e gabias en terreos de uso público, así como as remocións de pavimentos ou beirarrúas na vía pública

  • Instalación de quioscos na vía pública



En todos os casos, o obrigado tributario será aquel que obteña a correspondente licenza ou, no seu defecto, quen aproveite o uso do dominio público.

E isto sen prexuízo de que no caso dos vados, a obriga de pago sempre recaia, como substituto do contribuínte, no propietario da finca á que se ten dereito de acceso a través do dominio público.



Cota íntegra.

A contía destas taxas reguladas nestas Ordenanzas será a resultante da aplicación das tarifas que se indican.

Excepcionalmente, no suposto de que se utilicen procedementos de licitación pública, a contía da taxa sería o valor económico da proposición, que en ningún caso poderá ser menor da cantidade resultante da aplicación do disposto nos apartados seguintes.

1.- Réxime xeral: con carácter xeral, a cota tributaria calcularase segundo a fórmula seguinte:

Cota tributaria = (Tarifa base * nº unidades módulo fiscal) * Coeficiente categoría fiscal rúa



COEFICIENTE CATEGORÍA FISCAL RÚA

A escala de coeficientes en función da categoría fiscal da rúa onde se ubique a ocupación demanial, segundo as categorías previstas no Rueiro fiscal do Concello de Pontevedra, é:

CATEGORÍA

COEFICIENTE

Rúas de 1ª categoría ................................. 1,44

Rúas de 2ª categoría ................................. 1,24

Rúas de 3ª categoría ................................. 1,03

Rúas de 4ª categoría ................................. 0,93

Rúas de 5ª categoría ................................. 0,82



Os parques e prazas públicos asimílanse, aos efectos desta taxa, as rúas da categoría máis alta daquelas que os circundan. Cando a ocupación se sitúe na confluencia de dúas rúas, aplicarase o coeficiente correspondente á de categoría máis alta.

Aos sós efectos de aplicación da tarifa 2ª relativa a ocupacións con mesas e cadeiras, teñen a consideración de rúas de primeira categoría as incluídas no recinto do Centro Histórico.



TARIFA BASE

Tarifa 1ª - Quioscos



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

1.1 Quioscos dedicados á venda de bebidas alcohólicas, cafés, refrescos, masas fritas, etc.

Por cada un

602,60

1.2 Quioscos dedicados á venda de prensa, publicacións, libros, expendeduría de tabaco, loterías, larpeiradas, etc.

Por cada un

602,60

1.3 Quioscos dedicados á venda de xeados e demais artigos propios de tempada

Por cada un

301,30

1.4 Outros quioscos non especificados

Por cada un

602,60



Redución da cota: Os titulares dos quioscos que acrediten unha minusvalía do 33% ou superior, así como postos de venda da ONCE ou similares terán unha redución do 25% nas tarifas sinaladas no apartado anterior, sempre que atendan os mesmos, persoas cun grado de minusvalía igual ou superior ao mencionado.



Tarifa 2ª - Mesas e cadeiras



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

2.1 Mesa con 4 ou menos cadeiras

Por cada un

75,23

2.2 Mesa con 5 ou máis cadeiras

Por cada 4 ou menos cadeiras adicionais as 4 primeiras

Incremento dun 50 %



Asimilarase a unha mesa con 4 ou menos cadeiras, calquera mobiliario ubicado en dominio público municipal, susceptible de prestar o mesmo servizo, como por exemplo barrís, bancadas, etc.

Rateo de cota: Excepcionalmente, e previa comprobación municipal, poderase ratear a cota en atención á realización de obras na vía pública que impidan a ocupación da vía pública. Unicamente terase dereito ao rateo cando as obras duren un mes como mínimo, impidan a explotación dos elementos instalados e teñan lugar durante os meses de abril a outubro, ámbolos dous inclusive. A solicitude de rateo realizarase con posterioridade ao ingreso en período voluntario da taxa anual.


Aproveitamentos en días puntuais. Establécese un réxime excepcional para instalacións non habituais realizadas en días puntuais, tales como festas patronais, espectáculos, etc., ao cal os suxeitos pasivos poderán acollerse, sendo a tarifa base de 3,40 euros por día, ponderada coa aplicación dos coeficientes de categoría fiscal da rúa que lle correspondan.

Tarifa 3ª - Cabinas telefónicas, aparatos automáticos, surtidores, depósitos de combustible, expositores de publicidade e caixeiros automáticos



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

3.1 Por cada teléfono instalado na vía pública

Por cada un

64,83

3.2 Por cada báscula, cabina fotográfica, máquina de fotocopias e calquera aparato ou máquina de venta de expedición automática de calquera produto ou servizo

Por cada un

61,59

3.3 Por cada surtidor de combustible instalado na vía pública

Por cada un

123,17

3.4 Por cada depósito de combustible instalado no subsolo da vía pública

Por m³ ou fracción

12,68

3.5 Por cada expositor de publicidade cuxa ocupación de solo non exceda de 1 metro cadrado

Por cada un

61,59

3.6 Por cada expositor de publicidade cuxa ocupación de solo exceda de 1 metro cadrado

Por cada un

122,88

3.7 Por cada caixeiro automático

Por cada un

445,68



Tarifa 4ª - Ocupación con mercaderías, materiais de construción, valados, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas



Período impositivo: Mes natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA MENSUAL (€)

4.1 Ocupación de terreos de uso público con valados fixos, grúas, estadas ou outras instalacións análogas

Por m² ou fracción

4,07

4.2 Ocupación de terreos de uso público en obras e similares con valados móbiles e similares

Por m² ou fracción

7,64

4.3 Ocupación da vía pública con puntais, cabaletes ou outros elementos de apeo

Por cada un

1,72

4.4 Contenedores de cascallos

Por 15 m² ou fracción

123,17



A partir do sexto mes, a tarifa correspondente incrementarase nun 20%. O incremento será dun 50% a partir do primeiro ano de ocupación, e se practicará sobre a tarifa xa incrementada.

Aproveitamentos en días puntuais. Establécese un réxime excepcional para instalacións non habituais realizadas en días puntuais, así como no caso de grúas, camións e outros elementos análogos sempre que sexan móbiles, ao cal os suxeitos pasivos poderán acollerse, sendo entón a tarifa base de 40,64 euros por día, ponderada coa aplicación dos coeficientes de categoría fiscal da rúa que lle correspondan. A tarifa excepcional reducirase nun 50% no suposto de que a ocupación o sexa por medio dia ou fracción e sempre que a autorización concedida polo Concello de Pontevedra así o recolla expresamente.

Tarifa 5ª - Apertura de zanxas, prospecccións e gabias, así como remocións de pavimentos ou beirarrúas na vía pública



Período impositivo: Dia natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA DIARIA (€)

5.1 Zanxas ou prospeccións

Por 10 metros liñais ou fracción

7,99

5.2 Gabias

Por 10 m² ou fracción

7,99

5.3 Remoción de pavimento ou de beirarrúas

Por 10 m² ou fracción

7,99



Tarifa 6ª - Cables, raíles, tuberías e outros análogos



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

6.1 Ocupacións do subsolo con cables e conducións de calquera clase cuxa sección non exceda de 50 cm

Por metro liñal ou fracción

6,35

6.2 Ocupacións do subsolo con cables e conducións de calquera clase cuxa sección exceda de 50 cm

Por metro liñal ou fracción

12,68

6.3 Ocupacións do voo: con cables e conducións de calquera clase

Por metro liñal ou fracción

12,32



Tarifa 7ª - Postes



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

7.1 Poste cuxo diámetro non exceda de 50 cm

Por cada un

6,16

7.2 Poste cuxo diámetro exceda de 50 cm

Por cada un

12,32





Tarifa 8ª - Grúas



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

8.1 Grúa utilizada na construción, cuxo brazo ou pluma ocupe no seu percorrido o voo da vía pública

Por cada un

246,34



A contía da taxa que corresponde abonar ás grúas por ocupación de voo é compatible coa que, no seu caso, proceda por ter a súa base ou apoio na vía pública.



Tarifa 9ª - Outras instalacións distintas das anteriores



Período impositivo: Ano natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA ANUAL (€)

9.1 Ocupacións do subsolo, medidas as súas dimensións con espesores de muros de contención e similares

Por m³ realmente ocupado

12,68

9.2 Ocupacións do solo, medidas as súas dimensións con peches e elementos análogos

Por m² realmente ocupado

61,59

9.3 Ocupacións do voo, medido en proxección horizontal

Por m² ou fracción

12,32



2. Réxime específico para postos, barracas, casetas de venda, espectáctulos ou atraccións, industrias de rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica

Para os casos aquí indicados, a cota tributaria esixirase de acordo co seguinte cadro de tarifas, tendo en conta que para a súa aplicación defínese "fronte do posto" como o lateral a través do cal o usuario do posto pode entrar nel ou ser atendido. En caso de poder realizarse estas funcións por máis dun lateral do posto, ou de ser este circular, entenderase por fronte do mesmo a suma da lonxitude de todos os laterais dispoñibles ao público.



Tarifa 10ª.- Mercados de venda ambulante



Período impositivo: Trimestre natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA TRIMESTRAL (€)

10.1 Postos no recinto de Rosalía de Castro

Por m ou fracción de fronte do posto

26,01

10.2 Postos no recinto de Estribela

Por m ou fracción defronte do posto

13,13

10.3 Postos no recinto da Feira de Gando

Por m ou fracción de fronte do posto

13,13

10.4 Postos noutros recintos

Por m ou fracción de fronte do posto

25,75

10.5 Postos de produtos de temporada, como castañas, xeados, etc

Por cada un

33,48



Cando por causas imputables ao Excmo. Concello de Pontevedra non poida realizarse algunha feira e non sexa posible o seu traslado a outro día ou a outra situación, reducirase de oficio no recibo correspondente ao seguinte trimestre o importe proporcional ás feiras non celebradas.

Aproveitamentos en días puntuais. Establécese un réxime excepcional para instalacións específicas realizadas en días puntuais, suxeitas a esta tarifa, á cal poderán acollerse os suxeitos pasivos, caso no que atarifa será de 6,18 euros diarios por cada metro de fronte.

Tarifa 11ª.- Natividade e similares



Período impositivo: Día natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA DIARIA (€)

11.1 Postos en mercadillos navideños e similares

Por m ou fracción de fronte do posto

2,58



Tarifa 12ª.- Feiras e festas



Período impositivo: Día natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA DIARIA (€)

12.1 Atraccións, barracas, postos instalados e similares

Por m² ou fracción

5,15



Tarifa 13ª.- Rodaxe cinematográfica, espectáculos na rúa, circos e similares



Período impositivo: Día natural

ACTIVIDADE

MÓDULO

TARIFA DIARIA (€)

13.1 Rodaxe cinematográfica, espectáculos na rúa, circos e similares

Por cada un

103,00



3. Tarifas específicas para a taxa de VADOS

  • A) ENTRADA DE VEHÍCULOS OU CARRUAXES
  • a) Garaxes e aparcadoiros particulares de vivendas unifamiliares ou fincas e recintos particulares: o importe anual será de 24,63 euros.
  • b) Garaxes de comunidades para uso exclusivo de vivendas: o importe anual será de 24,63 euros, ao que se engadirá a cantidade de 3,70 euros por cada praza.
  • c) Garaxes abertos ao público e talleres de automóbiles e vehículos de motor, incluso de lavado e engraxe: o importe anual será de 49,28 euros, ao que se engadirá a cantidade de 3,70 euros por cada praza.
  • d) Garaxes e aparcadoiros de establecementos comerciais, industriais ou de servizos para uso exclusivo e gratuíto do seu persoal e/ou clientes: o importe anual será de 49,28 euros, ao que se engadirá a cantidade de 3,70 euros por cada praza.
  • e) Entradas de establecementos comerciais, industriais ou de servizos non susceptibles de ser utilizados como garaxes: o importe anual será de 49,28 euros.


  • B) RESERVAS ESPECIAIS PARA APARCAMENTO OU PARA CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS:

O importe anual será de 246,34 euros por cada cinco metros lineais ou fracción.



Lembre que naqueles casos en que a tarifa se multiplique polo número de prazas, tomarase como número de prazas o que sexa maior dos seguintes:

  • O número de prazas en que se encontre efectivamente dividido o local.

  • O resultado de dividir entre 20 a superficie total, en metros cadrados, do mesmo, incluíndo ramplas, zonas comúns, etc. No caso de ser descuberto, dividirase entre 30.

Sobre estas cotas haberá de aplicarse o coeficiente fiscal da rúa en que se produza o aproveitamento do dominio público.

4. Réxime específico para os aproveitamentos a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros

Para as empresas explotadoras de servizos de subministros que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do veciñanza, o importe da taxa consistirá, en todo caso e sen excepción ningunha, no 1,5 por 100 dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan neste término municipal as ditas empresas, conforme dispón o artigo 24.1.c) do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.


Beneficios fiscais aplicables


Non existen


Devengo e período impositivo

  • 1. As taxas devénganse o primeiro día do período impositivo, salvo nos casos de alta ao longo do mesmo, en que se producirá no momento da ocupación. O período impositivo para cada modalidade de taxa será o indicado no apartado relativo ás tarifas básicas e módulos fiscais.
  • 2. No caso de aproveitamentos realizados por días, o período impositivo é por día. Neste suposto, a taxa devéngase o día declarado de instalación.
  • 3. No caso de empresas subministradoras de servizos que afectan a unha xeneralidade de veciños, consíderase que o período impositivo será o trimestre natural.
  • 4. As taxas devengaranse aínda nos casos en que a ocupación sexa obrigatoria por disposición da Administración Municipal.



Xestión tributaria das taxas

Autoliquidacións ou declaracións no réximexeral

  • 1. Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar as oportunas autoliquidacións por alta da ocupación e modificación do número de elementos instalados ou da superficie que supoña un incremento da cota tributaria.

Presentarán, sen embargo, declaración nos casos de cambio de titularidade, baixa da ocupación ou modificacións que supoñan a diminución da cota tributaria.

Nos supostos de autoliquidacións de alta ou modificación que supoña incremento da cota tributaria, estas esixiranse en réxime de depósito previo, sendo o prazo de pago en período voluntario cinco días naturais.

  • 2 As citadas autoliquidacións ou declaracións deberán ser presentadas, por cada aproveitamento solicitado ou realizado, nos 5 días naturais dende a:
  • a) Instalación, nos casos de alta ou modificación que implique un incremento da superficie ou, no seu caso, elementos instalados.
  • b) Retirada, nos casos de baixa ou modificación que implique unha diminución da superficie ou, no seu caso, elementos instalados.
  • c) No caso de que a ocupación non se chegue a realizar, o prazo de 5 días naturais computará dende a data que conste na autoliquidación de alta.
  • 3. No caso dos valados e máis da apertura de zanxas, gabias ou prospeccións na rua ou beirarrúas, as autoliquidacións e/ou declaracións de alta ou modificación, deberán acompañarse dun croquis onde conste a superficie e a forma da ocupación.
  • 4. As declaracións de cambio de titularidade das ocupacións realizadas tramitaranse como modificacións, debendo ser presentadas polo novo titular. A esta declaración acompañaráselle copia do último recibo e a copia do título que provoca o cambio de titularidade. En ningún caso, a simple presentación da declaración de baixa polo anterior titular surtirá efectos mentres continúen instalados os elementos.
  • 5. A falta de presentación das autoliquidacións determinará que os aproveitamentos detectados se entendan realizados desde a data da concesión da licenza de obra ou do inicio de calquera actuación administrativa que declare a súa existencia, no caso de que comezase previamente á obtención da licenza, aplicándoselle a tarifa correspondente a dito período, sen prexuízo das sancións que pola falta de presentación das autoliquidacións se puideran impoñer.
  • 6. As declaracións de baixa ou de modificación que supoña diminución dos elementos surtirán efectos dende a data de baixa declarada, sempre e cando se presentasen no prazo previsto no apartado 2 deste artigo. Sen embargo, a presentación destas fora de prazo, producirá efectos desde a súa presentación, de acordo co disposto na Lei xeral tributaria, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñer.
Xestión no réxime xeral
  • 1. Cando a ocupación se manteña durante varios períodos impositivos consecutivos, as taxas xestionaranse mediante o correspondente padrón.
  • 2. As autoliquidacións de alta producirán a incorporación dos suxeitos pasivos ao padrón do período impositivo seguinte a aquel no que se efectúen as citadas autoliquidacións, substituíndo á notificación da liquidación de alta.
  • 3. As autoliquidacións e declaracións de modificación, así como as declaracións de baixa, producirán a incorporación dos seus efectos ao padrón no período impositivo seguinte a aquel no que se efectúen.
  • 4. As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse mediante recibo e serán irreductibles polo período sinalado.
  • 5. As distintas tarifas reguladas por esta ordenanza poderán aplicarse simultaneamente ao ser compatibles entre si.
  • 6. En ningún caso, o inicio do procedemento de xestión ou o pago da cota implicará que se entendan como autorizadas polo Concello de Pontevedra as distintas instalacións.
  • 7. As persoas ou entidades que destrúan ou deterioren o dominio público local están obrigadas ao pago do mesmo, de conformidade co previsto no artigo 24.5 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aínda cando fosen as mesmas persoas ou entidades interesadas quen efectúen a súa reposición, así como os gastos que orixine o control de calidade dos pavimentos e a comprobación de densidade alcanzadas no macizado de zanxas.
Xestión do réxime excepcional polos aproveitamentos realizados por días
  • 1. Os suxeitos pasivos que desexen acollerse a este réxime excepcional deberán presentar e aboar, con anterioridade á instalación dos elementos, unha autoliquidación por cada ocupación solicitada ou realizada, na que se sinalen os días desta.

Esta mesma autoliquidación deberá ser presentada polos elementos complementarios que queiran ser instalados en días concretos no caso de estar acollido ao réxime xeral.

A taxa esixirase en réxime de depósito previo, sendo o prazo de pago en período voluntario das autoliquidacións de cinco días naturais.

  • 2. A falta de presentación desta autoliquidación determinará que aos aproveitamentos detectados se lles aplique a tarifa que corresponda das xerais, sen prexuízo das sancións que pola falta de presentación das autoliquidacións se puideran impoñer.
  • 3. Os preceptos relativos á xestión no réxime xeral rexerán tamén para esta forma de xestión, excepto no que sexa exclusivamente aplicable a aquel. Non obstante, nestes aproveitamentos non é preciso a presentación de declaracións de baixa.
Xestión no caso de aproveitamentos a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros

As empresas subministradoras de servizos que afectan a unha xeneralidade de veciños, deberán realizar a autoliquidación correspondente ao volume de ingresos obtidos en cada período impositivo -definidos conforme dispón o Texto refundido da lei de facendas locais-, así como ingresar a cota tributaria resultante, no prazo de quince días naturais dende a finalización de cada trimestre natural.

Pode consultar o Rueiro Fiscal

Volver