Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que resulten beneficiarias ou afectadas, persoalmente ou nos seus bens, polo servizo prestado. Polo tanto, normalmente os ocupantes das vivendas. Sen embargo corresponde a obriga de aboar as ditas taxas aos substitutos do contribuínte, isto é, aos propietarios dos inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios dos servizos.
O único posible, segundo a ordenanzas fiscais municipais, é unha redución a cero das cotas tributarias municipais para os perceptores da RISGA e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado.
Os interesados que desexen solicitar esta redución da cota das taxas, deberán achegar a seguinte documentación: