Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

Imposto sobre bens inmobles

alertaTramitable todo o ano
Feito impoñible e suxeitos pasivos

O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. Estas tres categorías de inmobles defínense segundo as normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.

Constitúe o feito impoñible, e define ao suxeito pasivo, do imposto a titularidade dos seguintes dereitos sobre os correspondentes bens:
  • a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servizos públicos a que estén afectos.
  • b) Dun dereito real de superficie.
  • c) Dun dereito real de usufruto.
  • d) Do dereito de propiedade.

A realización do feito impoñible que corresponda de entre os antes definidos pola orde nel establecida determinará a non suxeición do inmoble urbano ou rústico ás restantes modalidades previstas.

Non están suxeitos a este imposto:

  • a) As estradas, os camiños, as demais vías terrestres e os bens do dominio público marítimo-terrestre e hidráulico, sempre que sexan de aproveitamento público e gratuito para os usuarios.
  • b) Os seguintes bens inmobles propiedade do Concello de Pontevedra:

Os de dominio público afectos a uso público.

Os de dominio público afectos a un servizo público xestionado directamente polo concello, excepto cando se trate de inmobles cedidos a terceiros mediante contraprestación.

Os bens patrimoniais, exceptuados igualmente os cedidos a terceiros mediante contraprestación.

Exencións

Pode consultar a lista completa de supostos de exención do imposto no artigo 62 do Texto refundido da lei de facendas locais. Destacan entre elas:

  • a) Os que sexan propiedade do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais que estén directamente afectos á seguridade cidadá e aos servizos educativos e penitenciarios, así como os do Estado afectos á defensa nacional.
  • b) Bens comunais e os montes veciñais en man común.
  • c) Os da Igrexa Católica, nos termos previstos no Acuerdo entre el Estado Español y la Santa Sede sobre Asuntos Económicos, de 3 de enero de 1979, e os das asociacións confesionais non católicas legalmente recoñecidas, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución.
  • d) Os da Cruz Vermella Española.
  • e) Os bens inmobles que se destinen á ensinanza por centros docentes acollidos, total ou parcialmente, ao réxime de concerto educativo, en canto á superficie afectada á ensinanza concertada.
  • f) Os declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interés cultural, mediante real decreto na forma establecida polo artigo 9 da Lei 16/1985, de 25 de junio, do Patrimonio Histórico Español, e inscritos no rexistro xeral a que se refire o seu artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Español, así como os comprendidos nas disposicións adicionais primeira, segunda e quinta da dita Lei.

No estarán exentos estes bens inmobles cando estén afectos a explotacións económicas, salvo que lles resulte de aplicación algún dos supostos de exención previstos na Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, ou que a suxeición ao imposto a título de contribuínte recaia sobre o Estado, as Comunidades Autónomas ou as entidades locais, ou sobre organismos autónomos do Estado ou entidades de dereito público de análogo carácter das Comunidades Autónomas e das entidades locais.

  • g) Gozarán de exención, de acordo con criterios de eficacia e eficiencia, os seguintes inmobles:
  • a) Os de natureza urbana, sempre que a cota líquida, resultante da aplicación dos beneficios fiscais, sexa inferior a 6 euros.
  • b) Os de natureza rústica, no caso que, para cada suxeito pasivo, a cota líquida correspondente á totalidade de bens rústicos posuídos no Municipio sexa inferior, despois de ser aplicados os beneficios fiscais, a 12 euros.
  • h) Os bens dos que sexan titulares as entidades sen fins lucrativos e aquelas outras entidades recollidas na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Afección real na transmisión e responsabilidade solidaria na cotitularidade

Nos supostos de cambio, por calquera causa, na titularidade dos dereitos que constitúen o feito impoñible deste imposto, os bens inmobles obxecto dos ditos dereitos quedarán afectos ao pago da totalidade da cota tributaria, en réxime de responsabilidade subsidiaria.

A estes efectos, os notarios solicitarán información e advertirán expresamente aos comparecentes nos documentos que autoricen sobre as débedas pendentes polo IBI asociadas ao inmoble que se transmite e sobre o prazo dentro do cal están obrigados os interesados a presentar declaración polo imposto, cando tal obriga subsista.

Responden solidariamente da cota deste imposto, e en proporción ás súas respectivas participacións, os copartícipes ou cotitulares das entidades a que se refire o artigo 35.4. da Lei xeral tributaria, se figuran inscritos como tales no Catastro Inmobiliario. De non figurar inscritos, a responsabilidade esixirase por partes iguais en todo caso.

Base impoñible e liquidable

A base impoñible deste imposto, e no caso do Concello de Pontevedra tamén a base liquidable, estará constituida polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación conforme ao disposto nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.

Ambas bases, impoñible e liquidable, coinciden por ter a ponencia de valores do Concello de Pontevedra unha antigüidade superior aos 10 anos (artigo 68.1 do Texto refundido da lei de facendas locais)

Cota íntegra e cota líquida. Tipos de gravame aplicables

A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravame.

A cota líquida obterase minorando a cota íntegra no importe das bonificacións aplicables. Teña en conta que o Concello de Pontevedra agrupará nun único documento de cobro todas as cotas deste imposto relativas a un mesmo suxeito pasivo cando se trate de bens rústicos sitos no concello.

Os tipos de gravame vixentes para este exercicio son:

  • - 0,64 % para os bens de natureza urbana
  • - 0,64 % para os bens de natureza rústica
  • - 0,96 % para os bens de características especiais

Excepcionalmente, o tipo de gravame dos bens de natureza urbana, excluídos os de uso residencial, que teñan un valor catastral superior ós 200.000€ e se atopen entre o 10% de maior valor catastral do seu uso, será do 0’72 %.

Bonificacións aplicables
  • 1. Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación delas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.

  • 2. Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ó do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme á normativa da Comunidade Autónoma.

A dita bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderá efectuarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración desta e producirá efectos, de ser o caso, dende o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite, sen que sexan recuperables os anos non solicitados previamente.

  • 3. Terán dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra, os bens rústicos das Cooperativas Agrarias e de Explotación Comunitaria da Terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal das cooperativas.
  • 4. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial no que estean empadroados os membros da unidade familiar, sempre que o seu valor catastral non supere os 40.000 €.

Segundo a súa categoría, a bonificación será:

  • - Para titulares de familia numerosa de categoría xeral: 10%.
  • - Para titulares de familia numerosa de categoría especial: 30%.

Pode ver os requisitos e documentación necesaria para a solicitude destes beneficios fiscais na vixente Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.

Devengo e período impositivo

O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo, o cal coincide co ano natural.

Os feitos, actos e negocios que deben ser obxecto de declaración ou comunicación ante o Catastro Inmobiliario terán efectividade no devengo do imposto inmediatamente posterior ao momento en que produzan efectos catastrais.

Declaracións e comunicacións ante o Catastro Inmobiliario

As alteracións concernintes aos bens inmobles susceptibles de inscripción catastral que teñan trascendencia a efectos deste imposto determinarán a obriga dos suxeitos pasivos de formalizar as declaracións conducentes á súa inscripción no Catastro Inmobiliario, conforme ao establecido nas súas normas reguladoras.

Teña en conta que o Concello de Pontevedra, no caso de novas construcións, esixiralle a acreditación da presentación da declaración catastral de nova construcción para a tramitación do procedemento de concesión da licenza que autorice a primeira ocupación dos inmobles.

Xestión censual do imposto

A xestión censual do imposto corresponde á Dirección General del Catastro,de xeito que se o dato incorrecto corresponde con esta fase (desacordo co valor catastral, metros cadrados imputados, etc), deberá vostede presentar o recurso que corresponda ante o dito ente da administración do Estado.

Lembre que a interposición dun recurso de reposición ante Catastro non suspende a execución da liquidación do imposto, debendo aboar a cota tributaria, e isto sen prexuízo de que poida chegar a corresponderlle posteriormente unha devolución de ingresos.

Xestión tributaria do imposto

A liquidación e recadación, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria do IBI, será competencia exclusiva do Concello de Pontevedra. Concretamente, esta comprende as funcións de recoñecemento e denegación de exencións e bonificacións, realización das liquidacións conducentes á determinación das débedas tributarias, emisión dos documentos de cobro, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos, resolución dos recursos que se interpoñan contra os ditos actos e actuacións para a asistencia e información ao contribuínte referidas ás materias comprendidas neste apartado.

O IBI xestiónase a partir da información contida no padrón catastral e nos demais documentos expresivos das súas variacións elaborados ao efecto pola Dirección General del Catastro. O dito padrón, formarase anualmente e conterá a información relativa aos bens inmobles, separadamente para os de cada clase.

Os datos contidos no padrón catastral deberán figurar nas listas cobratorias, documentos de ingreso e xustificantes de pago do Impuesto sobre Bens Inmobles.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Tramitación Tesouraría e recadación Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizos de coordinación e xestión tributaria Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300
Tesouraría e recadación Rúa dos Ferreiros núm. 28 986804300 ext 7335
Oficina Horario
Servizos de coordinación e xestión tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Tesouraría e recadación De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver