Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Sí. Previa declaración de insolvencia do debedor principal e dos posibles responsables solidarios, pódese esixir ao novo propietario dun inmoble o pago da débeda tributaria de IBI de exercicios non prescritos anteriores á compra. Por isto, é moi importante informarse sobre a situación tributaria do inmoble antes da súa adquisición. Esta xestión pódella realizar a Notaría onde se vaia realizar a transmisión.
As alteracións físicas, económicas ou xurídicas dos bens inmobles téñense que declarar no Catastro. Os modelos de declaración aprobados son:
Modelo 901 N: declaración catastral por alteración da titularidade e por variación da cota de participación en bens inmobles.
Modelo 902 N: declaración catastral por nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación.
Modelo 903 N: declaración catastral por agregación, agrupación, segregación ou división.
Modelo 904 N: declaración catastral por cambio de clase de cultivo ou aproveitamento, cambio de uso e demolición ou derribo.
Estes modelos de declaración pódeos atopar na web do catastro (http://www.catastro.meh.es/esp/modelos_declaraciones.asp), onde poderá descargalos, así como a relación da documentación xustificativa que ten que achegar coas declaracións.
Non. O suxeito pasivo do IBI é o propietario e, polo tanto, o recibo emitirase a nome deste, que deberá aboarllo ao Concello.
Isto sen prexuízo das obrigas que lle incumban en virtude da Lei de arrendamentos urbanos.
Efectivamente, os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial no que estén empadroados os membros da unidade familiar, sempre que o seu valor catastral non supere os 40.000 €.
A bonificación será:
Para a aplicación da bonificación será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, que deberá acreditar:
O prazo polo que se concederá a bonificación será ata a data de caducidade sinalada no título de familia numerosa aportado polo interesado.
Deberá achegar toda a documentación, que se lle indica no formulario de solicitude. Lembre que debe solicitalo antes do 31 de decembro do ano anterior ao de aplicación, isto é, se quere que se lle aplique na cota do IBI de 2017, deberá pedilo antes do 31-12-2016. Os anos non solicitados con carácter previo non son recuperables, aínda que se cumprisen os demais requisitos esixibles.
Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme á normativa da Comunidade Autónoma.
A dita bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderá efectuarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración desta e producirá efectos, de ser o caso, dende o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite.
A documentación que hai que achegar na solicitude da bonificación polos interesados será a seguinte:
- Copia da cédula de cualificación definitiva de vivenda de protección oficial expedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- Copia do título de propiedade do inmoble ou, no caso do promotor, escritura de declaración de obra nova e división horizontal.
- Fotocopia do último recibo do Imposto sobre bens inmobles ou declaración de alteración de bens no caso de que o recibo figurase a nome doutro propietario ou se inscribise a correspondente declaración de variación de orde físico.
Lembre que debe solicitalo antes do 31 de decembro do ano anterior ao de aplicación, isto é, se quere que se lle aplique na cota do IBI de 2017, deberá pedilo antes do 31-12-2016. Os anos non solicitados con carácter previo non son recuperables, aínda que se cumprisen os demais requisitos esixibles.