headerheader-400header-800
Volver

170 Solicitude de participación no proceso selectivo para a provisión de 1 praza de de auxiliar administrativo, quenda de promoción interna

alertaDende : 09/03/2021 - Ata : 29/03/2021

Proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, da subescala administrativa da escala de administración xeral pola quenda de promoción interna.

Todas aquelas persoas que desexen participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de participación
  • Copia do DNI
  • Xustificación de pagamento dos dereitos de exame (para obter o documento de autoliquidación que se deberá facer efectivo nas entidades bancarias que neste se indican o a través da propia sede electrónica municipal, deberá acceder a oficina tributaria desta sede electronica ao apartado "Autoliquide os seus tributos" ou ben prema aquí.. A continuación elixa a taxa por "Expedición de documentos" e elixa o grupo correspondente ao proceso selectivo. No xustificante de aboamento das taxas que se deberá achegar coa solicitude de participación no correspondente proceso selectivo deberase facer constar o nome e apelidos do aspirante así como a praza a que opta
  • Xustificación dos méritos alegados de acordo coa base 4ª das bases específicasreguladoras daconvocatoria(achegar xunto coa presente solicitude copia da documentación acreditativa dos méritos que aleguen entre os establecidos no correspondente barem
  • Para o caso de solicitar adaptación de tempo e/ou medios para realizar os exercicios: ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Os aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello, ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras, deberán nomear os arquivos que xuntan identificando con claridade o seu contido (DNI, currículum vitae, etc).

INFORMACIÓN SOBRE NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS

Consonte as bases reguladoras da convocatoria, as notificacións que no seu caso se teñan que realizar derivadas dos procedementos de selección, realizaranse por medios electrónicos. A eses efectos as persoas interesadas poderán facilitar un ou varios enderezo/s electrónico/s para envío do aviso informándolle da posta a disposición dunha notificación na sede electrónica.

Solicitudes presenciais de persoas físicas: a través do procedemento 183 do catálogo de procedementos da sede electrónica http://sede.pontevedra.gal, neste mesmo procedemento poderá indicar un correo electrónico para recibir os avisos ou indicar o seu desexo de deixar de recibir os avisos.

Solicitudes electrónicas: enchendo correctamente o dato en "Datos a efectos de notificación" no formulario web con carácter previo ao envío da solicitude electrónica.

Pode consultar a bases reguladoras do proceso e demais información no seguinte enlace:

Dende : 09/03/2021

Ata : 29/03/2021


Volver