headerheader-400header-800
Volver

202 Solicitude de subvención a asociacións de nais e pais de alumnos de centros educativos de Pontevedra sostidos con fondos públicos. Ano 2021

alertaDende : 12/03/2021 - Ata : 12/04/2021

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias , que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), dirixidas á comunidade educativa en xeral.

Asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Educación e dinamización de servizos Casa da Luz - Praza da Verdura 2º andar 986860697 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Educación e dinamización de servizos Casa da Luz - Praza da Verdura 2º andar 986860697
Oficina Horario
Educación e dinamización de servizos De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

a) Anexo I. Instancia individualizada que comprende:

  • Solicitude de subvención.
  • Número de conta da entidade.
  • Solicitude pago anticipado do 30 % da subvención concedida, de ser o caso.

b) Anexo II. Declaración responsable que comprende:

  • As subvencións e/ou axudas obtidas ou solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e o compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera axuda ou subvención para a mesma finalidade.
  • Non ter pendente de xustificación, fóra de prazo,ningunha subvención co Concello de Pontevedra.
  • Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria.
  • Que está ao corrente de pago das súas obrigas tributarias coa Axencia do Estado, coa Seguridade Social, coa Facenda da Xunta de Galicia, así como co Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos.
  • Que engadirá a imaxe oficial do Concello de Pontevedra en calquera documento xerado dende a acción subvencionábel.

c) Anexo III. Orzamento de gastos da actividade que se solicita, detallando cada un dos conceptos.

d) Anexo IV. Relación de ingresos da actividade que se solicita, detallando cada un dos conceptos.

e) Proxecto coa descrición das accións que se pretende realizar, con especificación entre outros de: data, lugar de celebración, responsábel/beis do desenvolvemento da acción, obxectivos da mesma, poboación destinataria e número de beneficiarios da mesma, metodoloxía, etc.. así como calquera outra que poidan servir para a baremación dos expedientes

f)Certificado da entidade bancaria da conta á que se poderá transferir, de selo caso, o importe da subvención, a nome do/a solicitante da subvención.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Normativa municipal


Volver